InicioPOLÍTICABorja Verea leva a Bruxelas o debate sobre vivenda, mobilidade e fondos...

Borja Verea leva a Bruxelas o debate sobre vivenda, mobilidade e fondos europeos para Santiago

O líder do PP compostelán mantivo encontros no Parlamento Europeo, co Comité das Rexións e con representantes de Eurocities nunha viaxe centrada nos desafíos urbanos e na captación de experiencias para a cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, desenvolveu este xoves en Bruxelas unha xornada de traballo centrada en asuntos vinculados á vivenda, a mobilidade, o turismo, os fondos europeos e a planificación urbana, nunha serie de encontros institucionais orientados a analizar retos compartidos polas cidades europeas e explorar vías de cooperación para Santiago de Compostela.

Durante a mañá, Verea participou, xunto aos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez Lázara, nun encontro con funcionarios e técnicos europeos ligados á Comisión REGI do Parlamento Europeo, especializada en política rexional e desenvolvemento urbano. Na reunión abordáronse cuestións relacionadas co papel das cidades na planificación territorial europea e co acceso a recursos comunitarios para proxectos urbanos.

Ao longo da xornada, o dirixente popular mantivo tamén diversas reunións no Parlamento Europeo e asistiu a sesións relacionadas co Comité Europeo das Rexións, onde puxo o foco na necesidade de reforzar a presenza compostelá nos espazos de decisión comunitaria. “Santiago ten que ter presenza e interlocución nos espazos europeos nos que tamén se debaten cuestións que afectan ás cidades”, sinalou.

Entre os encontros destacados figura a reunión con Filippo Terrusso, na que se analizaron os desafíos actuais das cidades e rexións europeas na definición das políticas comunitarias, así como o papel dos gobernos locais. Segundo indicou Verea, “Santiago ten enormes oportunidades de futuro, pero necesita planificación, ambición e capacidade para aprender tamén das cidades que mellor están funcionando en Europa”.

A axenda incluíu ademais unha reunión con representantes de Eurocities, rede de grandes cidades europeas, para coñecer iniciativas e experiencias desenvolvidas noutras urbes en ámbitos como a mobilidade, a planificación urbana e a xestión turística.

No marco da visita, Verea mantivo tamén un encontro coa eurodeputada portuguesa Ana Miguel Pedro, no que abordaron cuestións relacionadas coa cooperación entre cidades, a conexión atlántica e os desafíos compartidos entre Galicia e Portugal. Segundo explicou, o obxectivo pasa por “coñecer experiencias útiles, establecer contactos e entender como están afrontando outras cidades europeas problemas que tamén temos en Santiago”.

Durante esa reunión tamén intercambiaron impresións sobre a relación entre o galego e o portugués e sobre as posibilidades culturais, económicas e institucionais derivadas desa proximidade lingüística.

A viaxe institucional continuará este venres cunha nova xornada centrada en modelos europeos de seguridade, convivencia e xestión urbana, incluíndo unha visita á cidade belga de Mechelen, recoñecida polas súas políticas de cohesión social e seguridade cidadá.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here