InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

O responsable, vinculado a unha obra de reforma, enfróntase a unha sanción de ata 3.000 euros tras un operativo con axentes de paisano, uniformados e colaboración cidadá

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento de sacos de cascallos na contorna de San Lourenzo, concretamente na rúa da Ponte de San Domingos, uns feitos polos que poderá afrontar unha sanción de ata 3.000 euros.

A actuación produciuse despois de que nas últimas semanas se detectasen varios depósitos ilegais de residuos de obra nesta zona. Ante esta situación, activouse un dispositivo específico no que participaron varios axentes, tanto de paisano como uniformados, co obxectivo de localizar á persoa autora das verteduras.

Segundo informou o Concello, a investigación contou tamén cun papel relevante da colaboración cidadá, que contribuíu a avanzar nas pescudas. No transcurso do operativo, a Policía conseguiu localizar nunha obra de reforma o vehículo presuntamente empregado para transportar e abandonar os residuos.

A partir desta identificación, os axentes deron co operario responsable, que recoñeceu ser o autor do vertido dos sacos de cascallos na rúa da Ponche de San Domingos. Ademais, a Policía Local atribúelle tamén outras verteduras anteriores rexistradas no mesmo punto.

Dende o Concello de Santiago insisten na necesidade de evitar este tipo de prácticas, lembrando o impacto ambiental e urbano que supoñen este tipo de depósitos incontrolados. Neste sentido, fan unha chamada á responsabilidade da veciñanza e á súa colaboración para denunciar comportamentos semellantes e facilitar a identificación das persoas responsables.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...