InicioECONOMÍASantiago aproba definitivamente o orzamento municipal de 2026 con máis de 148...

Santiago aproba definitivamente o orzamento municipal de 2026 con máis de 148 millóns de euros

O Pleno extraordinario de Raxoi rexeitou ou inadmitiu as alegacións presentadas e sacou adiante as contas co apoio do goberno local, Compostela Aberta e o grupo non adscrito

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aprobou este mércores de forma definitiva o Orzamento Xeral para 2026, despois de que o Pleno extraordinario celebrado no Pazo de Raxoi ás 13:00 dese luz verde ao rexeitamento ou inadmisión das alegacións presentadas durante o período de exposición pública. As contas saíron adiante cos votos favorables de BNG, Compostela Aberta e das concelleiras e concelleiro non adscritos, mentres que PP e PSOE optaron pola abstención.

O documento económico ascende a 148.532.471,20 euros, o que representa un incremento do 1,64 % respecto ao exercicio anterior. Ademais, o orzamento consolidado co conxunto das entidades do sector público municipal sitúase en preto de 152 millóns de euros, configurando así a principal ferramenta financeira do goberno local para o próximo ano.

Durante a sesión plenaria, o concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, baseou a defensa da proposta nos informes emitidos polos servizos xurídicos e técnicos municipais, en particular polos departamentos de Persoal e de Xestión Orzamentaria e Contabilidade. O edil explicou que unha das alegacións inadmitidas fora presentada por un funcionario municipal que reclamaba un nivel laboral superior, unha petición que, segundo indicou, non se corresponde co ámbito do procedemento orzamentario nin co marco competencial do Concello, ademais de existir unha sentenza favorable á Administración local neste mesmo asunto.

DEMANDAS VECIÑAIS DE SAMOS E GRUPOS COMPOSTELA

As outras dúas alegacións partiron da Asociación Sandra Prego Rial, centradas en actuacións de mellora urbana e de seguridade en zonas como a rúa Samos, os Grupos Compostela e Cardeal Quiroga. Entre as peticións figuraban a reurbanización do viario, melloras de accesibilidade, mantemento de infraestruturas e a reposición da iluminación das instalacións deportivas da rúa Samos.

Segundo explicou o responsable de Facenda, estas demandas non prosperaron por non existir base legal para obrigar á súa inclusión específica no documento orzamentario, aínda que o executivo local comprometeuse a “tentar levar adiante as reclamacións coas partidas que xa están no orzamento establecidas”.

Coa aprobación definitiva, o goberno municipal culmina a tramitación das contas para 2026, que marcarán a planificación económica de Santiago nun contexto de continuidade das políticas municipais e de xestión dos recursos públicos para o próximo exercicio.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here