InicioPOLÍTICAO PSdeG levará ao Parlamento a falta de profesorado no IES de...

O PSdeG levará ao Parlamento a falta de profesorado no IES de Sar e acusa á Xunta de “minguar a calidade educativa”

Aitor Bouza denuncia que o incremento de alumnado no instituto compostelán non foi acompañado dun reforzo de persoal docente e reclama planificación para o vindeiro curso

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSOE de Santiago e deputado no Parlamento galego, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista trasladará á Cámara autonómica a situación do IES de Sar, tras denunciar unha falta de resposta da Xunta diante do aumento de alumnado rexistrado nos últimos cursos.

Segundo explicou o dirixente socialista tras manter unha reunión coa comunidade educativa do centro compostelán, o instituto experimentou un crecemento progresivo no número de estudantes sen que esta evolución viñese acompañada, ao seu xuízo, dun incremento proporcional nos recursos humanos necesarios para garantir o seu funcionamento.

Bouza cualificou o IES de Sar como un centro “de referencia” en Santiago e advertiu de que o incremento de matrícula non se correspondeu cun reforzo do cadro de profesorado. Para o responsable socialista, esta situación provoca un “desequilibrio” que se traduce en “menor profesorado para maior alumnado”, unha circunstancia que considera que afecta de maneira directa á atención educativa.

Neste contexto, criticou a política educativa do Goberno galego e asegurou que a redución de recursos repercute no conxunto da comunidade escolar. “Ese menos con menos que quere facer a Xunta nunca sae ben”, sinalou, ao tempo que vinculou esta situación cunha falta de planificación por parte da administración autonómica.

O deputado enmarcou esta denuncia nas críticas que o PSdeG vén realizando sobre a dotación de medios no sistema educativo galego e asegurou que a formación actuará a partir das demandas trasladadas pola comunidade educativa do centro.

Así, avanzou que o Grupo Socialista presentará iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta a incorporación do profesorado necesario de cara ao próximo curso escolar, co obxectivo de garantir que o centro poida desenvolver a súa actividade docente “da mellor forma posible” e evitar, segundo sostén, unha perda de calidade no ensino público compostelán.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...