InicioECONOMÍAO Concello de Santiago reclama á Xunta máis financiamento para o Servizo...

O Concello de Santiago reclama á Xunta máis financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar e resérvase accións legais

O goberno local considera insuficiente o aumento ata os 16 euros por hora pactado coa Fegamp e sostén que a Administración autonómica debe asumir o custo real do servizo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago acordou solicitar formalmente á Xunta de Galicia un incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ao considerar que o financiamento pactado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) continúa sen cubrir o custo efectivo desta prestación esencial no municipio.

A decisión foi adoptada na xunta de goberno local e inclúe, ademais, a reserva expresa do dereito do Concello a reclamar “por todas as vías administrativas ou xurisdicionais que procedan” o cumprimento íntegro das obrigas de financiamento que, segundo sostén o executivo compostelán, lle corresponden á administración autonómica.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, argumentou que tanto o Estatuto de Autonomía de Galiciacomo a lexislación autonómica en materia de servizos sociais atribúen á Xunta a competencia exclusiva neste ámbito. Nesa liña, lembrou que cando a Administración galega delega competencias nas entidades locais debe facelo acompañando esa atribución dos recursos económicos, materiais e persoais necesarios para o seu desenvolvemento.

Segundo defendeu, esta obriga tradúcese en que a Xunta debería asumir de forma íntegra o custo do SAF, descontando unicamente o copagamento realizado polas persoas usuarias. Desde o goberno municipal consideran que a subida da achega ata os 16 euros por hora non responde ao gasto real que afronta Santiago, onde o custo do servizo se sitúa arredor dos 24 euros por hora.

Rozas sostivo que esta diferenza continúa obrigando ao Concello a asumir unha parte importante do financiamento dun servizo que cualificou de esencial para a atención social, especialmente no acompañamento a persoas maiores ou dependentes. Por iso, reclamou ao Executivo presidido por Alfonso Rueda que cumpra coa normativa vixente e garanta unha cobertura económica axustada ao custo real da prestación.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

O Concello e a Xunta retoman as conversas técnicas para desbloquear a ampliación do Quiroga Palacios

O Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volverán...

Vueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas de Nadal

Vueling manterá operativa a conexión directa entre Santiago de Compostela e Bilbao durante o...