InicioSOCIEDADEA comisaría provisional de Santa Marta acollerá o DNI e as unidades...

A comisaría provisional de Santa Marta acollerá o DNI e as unidades de investigación de Santiago

O subdelegado do Goberno anuncia que a rehabilitación do edificio incendiado irá pola vía de urxencia co obxectivo de reabrilo para o Xacobeo 2027

Publicado o

Xornal de Compostela

O subdelegado do Goberno na Coruña, Xullo Abalde, avanzou que a comisaría provisional da Policía Nacional de Santiago, que se situará na zona de Santa Marta, acollerá parte das unidades de investigación e os servizos de atención á cidadanía, como oficinas de DNI e denuncias. Así o detallou este xoves xunto á comisaría xefa de Santiago, Nuria Palacios. “Estamos ao final deste longo camiño. En breve finalizaranse todos os trámites administrativos para que ese espazo poida ser utilizado”, remarcou Abalde.

O baixo de Santa Marta, que será de aluguer e terá unha superficie de aproximadamente 360 metros cadrados, non está habilitado para acoller os calabozos, polo que se manterá o sistema de “colaboración con outras administracións”. Isto mesmo sucede coa galería de tiro, polo que os axentes terán que usar as infraestruturas doutras instalacións durante un tempo.

CONTRATO POLO PROCEDEMENTO DE URXENCIA

En canto ao edificio da comisaría que sufriu un incendio hai uns meses, seguirá baleiro co obxectivo de que todo o espazo estea dispoñible para as obras necesarias. Actualmente xa se realizou a avaliación de danos, o estudo da estrutura e da calidade do aire, así como o proxecto de recuperación. Os contratos para rehabilitar o inmoble tramitaranse polo procedemento de urxencia. En canto aos prazos, Abalde indicou que, sendo optimistas, a comisaría podería estar en funcionamento para o principio do Ano Santo 2027.

O subdelegado enxalzou o traballo da Policía Nacional, asegurando que a seguridade estivo “plenamente garantida en todo momento” e que os indicadores reflicten que os servizos non se viron resentidos. Mentres se completa o traslado, seguen operativas as dependencias temporais na mesma rúa da comisaría e dous Vehículos Integrais de Documentación (VIDOC) na praza do Obradoiro para DNI e pasaportes. Estes vehículos prestan tamén servizo en horario de tarde a concellos como Padrón, Arzúa, Noia, Ames, Fisterra, Outes, Rianxo, Muros, Carnota, Melide e Cee.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...