InicioECONOMÍAO pleno desbloquea o pago das facturas de Serviplus para saldar a...

O pleno desbloquea o pago das facturas de Serviplus para saldar a débeda salarial co persoal dos centros socioculturais

A corporación aproba o recoñecemento de facturas de finais de 2025 como paso previo para que o Concello poida aboar directamente ás traballadoras os catro meses de soldos pendentes, mentres oposición e grupos municipais esixen rapidez na resolución definitiva

Publicado o

Xornal de Compostela

A corporación municipal de Santiago deu luz verde este xoves, durante a sesión plenaria, ao expediente que permitirá avanzar no cobro das nóminas pendentes das traballadoras dos centros socioculturais municipais afectadas polos impagos da antiga concesionaria, Serviplus. O acordo supón a aprobación dunha indemnización sustitutiva correspondente ás facturas de novembro e decembro de 2025, servizos xa prestados pola empresa e cuxo pagamento fora retido polo Concello ante a situación laboral xerada.

Esta decisión administrativa constitúe un paso necesario para poder facer efectiva a cesión do dereito de cobro e, dese xeito, canalizar directamente eses fondos cara ao persoal afectado, ao que a empresa adebeda tamén os salarios de xaneiro e febreiro de 2026. Segundo explicou o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, o procedemento impulsado pola Administración local busca utilizar as cantidades bloqueadas á concesionaria para cubrir a débeda coas empregadas, aínda que incidiu en que o aprobado non supón aínda o aboamento directo das cantidades, senón a validación burocrática previa imprescindible para completar o proceso.

Duro sinalou que o mecanismo empregado é novo para o Concello e de especial complexidade técnica, ao requirir a aceptación por parte da empresa da cesión de dereitos para que a administración poida transferir os fondos ás traballadoras. O edil asegurou que os distintos departamentos municipais continúan traballando para pechar canto antes o procedemento e agradeceu ao persoal a súa “paciente infinita” durante meses marcados pola incerteza.

O expediente saíu adiante cos votos favorables do goberno local, formado por BNG e Compostela Aberta, así como do PSOE e das concelleiras non adscritas, mentres o Partido Popular optou pola abstención.

Durante o debate plenario, a oposición puxo o foco non tanto na aprobación formal do trámite como nos tempos reais para que o persoal reciba finalmente os cartos. O concelleiro popular José Ramón de la Fuente cargou contra a actuación do executivo local, ao que responsabilizou da xestión realizada nos últimos dous anos e medio e cuestionou a demora na procura dunha solución efectiva para as empregadas afectadas.

Na mesma liña, o concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou acelerar ao máximo os pasos administrativos pendentes, mentres a socialista Marta Abal advertiu da falta de concreción sobre cando se materializará o ingreso efectivo das cantidades adebedadas.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

O Concello e a Xunta retoman as conversas técnicas para desbloquear a ampliación do Quiroga Palacios

O Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volverán...

Vueling manterá a conexión directa entre Santiago e Bilbao durante as festas de Nadal

Vueling manterá operativa a conexión directa entre Santiago de Compostela e Bilbao durante o...