InicioSANTIAGOCompostela e A Coruña volverán estar desconectadas por ferrocarril debido ás obras...

Compostela e A Coruña volverán estar desconectadas por ferrocarril debido ás obras na estación herculina a partir do 5 de xuño

A afectación prolongarase ata o 10 de xullo e modificará conexións rexionais, Media Distancia, Avant, AVE e Avlo con saída ou paso por Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A estación de Santiago de Compostela verá alterada parte da súa operativa ferroviaria a partir do vindeiro 5 de xuño como consecuencia da nova fase das obras que Adif executa na terminal da Coruña. Segundo informou Renfe, habilitarase un plan alternativo de transporte que incluirá transbordos por estrada entre ambas cidades en distintos servizos ferroviarios, cun impacto que se prolongará ata o 10 de xullo.

Nunha primeira fase, entre o 5 e o 25 de xuño, os trens rexionais da liña A Coruña-Vigo Guixar substituirán por autobús o tramo entre A Coruña e Santiago de Compostela, en ambos sentidos, debido ás limitacións operativas na estación coruñesa. Esta medida afectará ás conexións habituais con saída ou chegada en Santiago dentro deste corredor atlántico.

Ademais, o 25 de xuño, o último servizo do día entre Madrid e A Coruña, correspondente ao Avlo 4597, tamén realizará por estrada o percorrido entre Santiago e A Coruña, o que repercutirá nas persoas viaxeiras con destino final na cidade herculina.

Na segunda fase, prevista entre o 26 de xuño e o 10 de xullo, a interrupción total da circulación ferroviaria na estación da Coruña provocará unha ampliación das modificacións. Durante ese período, Renfe organizará transporte por estrada entre Santiago e A Coruña para servizos rexionais, Media Distancia, Avant e Alta Velocidade, incluíndo así trens de longa distancia con paso pola capital galega.

A compañía advirte de que estes cambios poden supoñer un incremento nos tempos de viaxe, así como variacións nos horarios de saída e chegada, polo que recomenda revisar con antelación a información actualizada antes de desprazarse. Renfe tamén sinala que permitirá cambios ou anulacións sen custo para as persoas usuarias que prefiran reorganizar os seus desprazamentos durante o período das obras. Os novos horarios e condicións estarán dispoñibles nos canais habituais de venda e información da operadora.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here