InicioECONOMÍAA alcaldesa de Santiago defende o labor do Concello para gañar rutas...

A alcaldesa de Santiago defende o labor do Concello para gañar rutas aéreas e acusa á Xunta de “non coller o temón” da política aeroportuaria galega

A alcaldesa defende que o Concello traballa "en solitario" para captar novas rutas mentres Turismo de Santiago negocia voos en Reus.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu o impulso que se dá desde o Concello ao plan de desenvolvemento turístico para a cidade e os pasos para captar máis rutas aéreas. Con todo, a rexedora sinalou directamente á Xunta, á que afeou “non coller o temón” para impulsar unha proposta aeroportuaria conxunta para o país. En declaracións aos medios, Sanmartín esgrimiu que o Consistorio está a levar a iniciativa e “tentando resolver en solitario a posibilidade de facer promoción para poder ter máis rutas” desde o aeroporto da capital galega.

Fronte ás críticas da oposición, a alcaldesa incidiu en que o goberno que dirixe está a ser capaz de captar máis conexións e de desenvolver o plan de sustentabilidade turística de forma “absolutamente eficiente”. “O que nos falta neste caso é esa colaboración por parte da Xunta que non acaba de arrincar e de entender que ten que facer unha política conxunta para todo o país“, resolveu a rexedora durante un acto con escolares sobre o comercio tradicional no centro histórico.

NEGOCIACIÓNS COAS COMPAÑÍAS AÉREAS

Precisamente, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participan estes días 28 e 29 de abril nas ‘V Xornadas de conectividade aérea’, organizadas por Turespaña e Aena en Reus. O evento ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar mensaxes de forma unificada entre os destinos turísticos do Estado.

Louzao e Ramil mantiveron reunións con diferentes compañías aéreas coa intención de intensificar relacións e estudar novas posibilidades, tanto con empresas que xa operan no Rosalía de Castro como con potenciais operadoras. Estas xestións buscan mellorar a conectividade do aeroporto compostelán de cara ao vindeiro Ano Santo, analizando as previsións a curto e medio prazo do mercado aeronáutico mediante mesas de debate e encontros profesionais.

ÚLTIMAS

O Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais de Santa Marta

O Goberno planea recolocar a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais do...

Máis de 280 escolares do CEIP Pío XII homenaxean o comercio tradicional compostelán na Praza do Obradoiro

Máis de 280 escolares de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria do...

O PP carga contra o goberno local pola sentenza do TSXG sobre o interventor mentres o Concello defende que o fallo cuestiona só un...

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, asegurou este...

Maite Flores asume a presidencia da Sociedade Española de Óptica

A catedrática de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, Maite Flores Arias, foi...

O Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais de Santa Marta

O Goberno planea recolocar a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais do...

Máis de 280 escolares do CEIP Pío XII homenaxean o comercio tradicional compostelán na Praza do Obradoiro

Máis de 280 escolares de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria do...

Maite Flores asume a presidencia da Sociedade Española de Óptica

A catedrática de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, Maite Flores Arias, foi...