InicioSOCIEDADECorreos habilita a reserva en liña para enviar as bicicletas dos pelegríns...

Correos habilita a reserva en liña para enviar as bicicletas dos pelegríns ao finalizar o Camiño

A empresa estrea esta modalidade no seu Paq Bicicleta para facilitar o regreso dende a Oficina Principal de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

Correos puxo a disposición dos pelegríns que vaian facer o Camiño de Santiago en bicicleta a posibilidade de contratar en liña o envío das súas bicis de volta aos seus lugares de orixe. Esta novidade, detallou a entidade, estréase no Paq Bicicleta, que ata agora só podía solicitarse presencialmente en oficina. Deste xeito, a contratación a través da páxina web permite deixar todo reservado antes de iniciar a ruta e así “evitar a preocupación de como facer regresar a bicicleta de volta a casa”.

O servizo de Paq Bicicleta pode solicitarse a través dun formulario no que se indica a data na que se desexa enviar a bici desde a Oficina Principal de Correos de Santiago, cantas unidades son e a oficina postal de destino. Ademais, para os pelegríns que opten por esta modalidade, Correos ofrecerá caixas máis grandes, de 170 cm de longo, 30 cm de ancho e 90 cm de alto, para poder embalar os vehículos co mínimo desmonte posible.

Os envíos contarán cun seguro de 300 euros, ampliable segundo as necesidades, e un número de seguimento para ter a bici localizada en todo momento. Os pelegríns poderán realizar estes trámites todos os días, de luns a domingos e festivos incluídos, nun horario de 08:30 a 20:30 horas.

ÚLTIMAS

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

O PP culpa o goberno local dos problemas cos fluxos turísticos e reclama medidas antes do Xacobeo 2027

O concelleiro do Partido Popular Adrián Villa responsabilizou o goberno municipal do BNG das...

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...