InicioSOCIEDADERaquel Sendón, nova decana da Facultade de Farmacia da USC

Raquel Sendón, nova decana da Facultade de Farmacia da USC

A catedrática de Nutrición e Bromatoloxía afronta unha etapa centrada na calidade académica, a actualización do Grao en Farmacia e a planificación do traslado ao futuro edificio docente

Publicado o

Xornal de Compostela

A catedrática de Nutrición e Bromatoloxía Raquel Sendón García foi elixida nova decana da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para os próximos seis anos. Foi elixida con 42 votos fronte aos 36 do outro candidato, o profesor Eddy Sotelo Pérez, máis catro papeletas en branco. No seu equipo contará con Paz García Martínez como vicedecana de Organización Académica e Estudantes; Trinidad de Miguel Bouzas como vicedecana de Calidade; e Matilde Casas Parada como secretaria académica.

Sendón afronta esta nova etapa co “compromiso de impulsar unha fase orientada ao avance continuo da calidade académica, á atención ás necesidades da comunidade do centro e á adaptación aos novos desafíos do ámbito universitario e profesional”. Apostará por unha escoita activa da comunidade universitaria, o reforzo da calidade docente e a actualización do plan de estudos do Grao en Farmacia como eixos do seu decanato, nunha formación de “excelencia”. Tamén promoverá prácticas externas optativas e abordará a planificación do traslado ao futuro edificio docente da Facultade de Farmacia.

TRAXECTORIA

Raquel Sendón García ocupaba desde 2022 na Facultade o cargo de vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores e era membro nato nas comisións académicas das titulacións adscritas, ademais do Grao en Farmacia e do Máster Interuniversitario en Biofabricación e do Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. Membro do grupo de investigación FoodChemPack, Sendón centrou a súa traxectoria investigadora e de transferencia nos materiais en contacto co alimento, concretamente na migración de contaminantes, pero tamén na liña de investigación sobre materiais activos e biodegradables que inclúe a valorización de subprodutos agroalimentarios.

Parte desta traxectoria desenvolveuna nunha estancia no Centro Nacional de Alimentación (Aesan). Participou como investigadora principal en nove proxectos competitivos —seis autonómicos, un estatal e dous de ámbito europeo— e colaborou como investigadora noutros 18, ademais de liderar ou participar na formalización de preto de 30 contratos con empresas. No ámbito da transferencia é autora dunha patente e participou na creación dunha spin-off da USC.

Cun índice h en Scopus de 31 e en Google Scholar de 35, a súa produción científica é extensa: cinco libros, oito capítulos de libro e 97 publicacións en revistas do WOS con índice de impacto, 63 delas en Q1 e 19 en Q2, ademais de 22 en D1. Dirixiu, ademais, cinco teses doutorais e máis de 40 traballos fin de mestrado e de grao. En canto á traxectoria docente, a nova decana impartiu docencia durante 16 anos en Farmacia. Na actualidade coordina as prácticas externas curriculares optativas e foi coordinadora do 5.º curso do Grao en Farmacia. Desde 2022-2023 é membro da comisión académica do Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...