InicioCULTURARomaría popular, teatro, talleres ou música, entre as actividades da Festa do...

Romaría popular, teatro, talleres ou música, entre as actividades da Festa do Banquete de Conxo

A cineata Jaione Camborda porá o peche a este evento, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este martes o programa definitivo da Festa do Banquete de Conxo, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de maio e que contará coa tradicional romaría popular, desfiles teatralizados, múltiples talleres, música en directo, fotografía ou actividades deportivas e de natureza, entre outras. A alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, e a tenente de alcaldesa, María Rozas, foron as encargadas de presentar o evento.

Así, a xornada central será o domingo día 26, que arrincará co desfile ‘Alá van estudantes e artesáns’, baixo a coordinación artística de Os Quinquilláns, que sairá da Praza do Toural e percorrerá as rúas de Santiago ata chegar á praza de Conxo. A continuación, a comitiva dirixirase á carballeira de Conxo, na que se fará unha representación teatral do Banquete para dar paso ao tradicional ‘Serán da Fraternidade’ con comida e romaría popular.

“Será unha festa que poña en valor os valores do Banquete de Conxo, o que pedía o estudantado, as persoas que traballan nunha festa de fraternidade, liberdade e igualdade”, manifestou a alcaldesa, que animou a todos os veciños a acompañar o desfile e a levar comida para compartir nesta romaría, na que tamén haberá pulpeira.

Ademais, destacou a implicación da parroquia de Marrozos por primeira vez nesta festividade, que se materializará na lectura do pregón por parte de María Luisa Otero, na participación da Asociación Pena Maior nun taller de baile tradicional e nos percorridos do Tren do Banquete.

O venres, a partir das 17.30 horas, terá lugar ‘As voces do Bosque’, un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo guiado polo editor e escritor Quique Alvarellos, onde se lembrará ás autoras e autores que escribiron sobre o bosque ou no bosque, desde o século XII ata o XX. Para esta actividade é necesario inscribirse en rutabanquete@santiagodecompostela.gal. A partir das 18,30 horas, a praza de Conxo acollerá un taller de baile tradicional impartido pola Asociación Cultural Pena Maior de Marrozos.

Xa o sábado, ás 11.00 horas, terá lugar a Carreira de Orientación da Festa do Banquete, unha proba destinada especialmente á participación de familias. Esta actividade tamén é gratuíta previa inscrición a través de xestanatureza.com.

DÍA GRANDE

O propio domingo 26 de maio, ademais do desfile teatral e o pregón, realizarase a recreación teatral do Banquete de 1856 desde as 14,15 horas. Neste sentido, a alcaldesa animou a todas as persoas asistentes a facer uso dun Photocall que estará instalado no Mosaico de Conxo.

Tras a romaría popular darase paso ao ‘Serán da Fraternidade’ con música tradicional. Tamén haberá oco para o espectáculo de ‘Transhumancia Sonora’ da compañía Paporrubio, que levará ao Banquete os seus animais cabezudos, acompañados de música e xogos.

Para finalizar o evento, sobre as 19,30 horas haberá unha despedida con discursos de Vos Quinquilláns e pregón de peche a cargo da cineasta Jaione Camborda.

MERCADO DO LIBRO

Por outra banda, a quinta edición do Mercado do Libro terá lugar o sábado 25 e o domingo 26 na Praza Aurelio Aguirre. Ademais, o mercado do libro complementarase cunha pequena mostra de oficios tradicionais.

María Rozas tamén mencionou outras actividades que se celebrarán durante a tarde do sábado, como unha mesa redonda sobre libros e saúde mental, poesía ou actuacións musicais de Filloas ou C Mirazo. O domingo haberá tamén unha chocolatada na Praza Aurelio Aguirre e un concerto de Sonoro Maxín que servirá de peche do Mercado do Libro.

CERTAME FOTOGRÁFICO

Así mesmo, entre as múltiples actividades planificadas, a tenente de alcaldesa tamén avanzou que haberá un certame fotográfico no que poderá participar calquera persoa maior de 18 anos. As imaxes gañadoras recibirán diferentes agasallos, como unha cámara de acción deportiva, unha cámara instantánea ou libros de fotografía.

Por todo iso, Goretti Sanmartín convidou a todos os grupos que asistan a esta festividade a que leven a unha persoa que nunca haxa ido para que participe xente doutras parroquias e outros barrios e sexa unha festa “do conxunto de Santiago de Compostela”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...