InicioSANTIAGOSanidade activa un protocolo por un brote de sarna no Hospital de...

Sanidade activa un protocolo por un brote de sarna no Hospital de Conxo que afecta a 20 profesionais

Outro brote, neste caso nunha residencia de maiores, afecta a 12 persoas en Oleiros

Publicado o

Xornal de Compostela

O servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área sanitaria de Santiago puxo en marcha un protocolo de actuación tras detectarse un brote de sarna no Hospital Provincial de Conxo, que afecta a un paciente e a 20 profesionais do centro con síntomas compatibles.

Segundo a información facilitada, a orixe do brote sitúase nun paciente que xa ingresou no hospital coa patoloxía e cunha variante considerada de maior capacidade de transmisión. A partir dese caso inicial, identificáronse profesionais con posibles síntomas, que permanecen en seguimento clínico e baixo tratamento, mentres a área sanitaria indica que o brote está actualmente “baixo control”.

Desde a confirmación do caso, activáronse de inmediato os protocolos de vixilancia epidemiolóxica e control de infeccións, co obxectivo de limitar a propagación e garantir a seguridade tanto de pacientes como de persoal sanitario e acompañantes. Neste contexto, levouse a cabo o estudo dos contactos estreitos e aplicáronse as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

A sarna é unha enfermidade que se transmite principalmente mediante contacto directo prolongado pel con pel e pode presentar un período de latencia antes da aparición dos síntomas. Desde a área sanitaria subliñan que non está relacionada coa falta de hixiene e que o tratamento resulta eficaz, habitualmente mediante medicación tópica ou oral.

Como parte das actuacións, o hospital reforzou as medidas preventivas, incluíndo o illamento dos casos confirmados cando é preciso, a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección de superficies e téxtiles, así como a formación específica do persoal sanitario, que participou en sesións informativas co equipo de Medicina Preventiva.

OUTRO BROTE NUNHA RESIDENCIA DE MAIORES DE OLEIROS

De maneira paralela, a Consellería de Sanidade confirmou a existencia doutro brote de sarna nunha residencia de maiores de Oleiros, na provincia da Coruña. Neste caso, os primeiros síntomas detectáronse o pasado 9 de abril e o brote afecta a un total de 13 persoas: nove residentes e catro traballadores.

A residencia comunicou a situación o día 14 de abril, momento no que se activou o protocolo correspondente. As autoridades sanitarias estableceron medidas de control, entre elas o tratamento profiláctico para residentes e persoal nas áreas afectadas, co obxectivo de conter a transmisión.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...