InicioCULTURAO concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O recital previsto para xuño na Coruña celebrarase finalmente no Monte do Gozo por incompatibilidade co calendario do Deportivo

Publicado o

Xornal de Compostela

O concerto do grupo ‘El Último de la Fila’ previsto inicialmente para o 13 de xuño no estadio de Riazor celebrarase finalmente no auditorio do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. A decisión prodúcese tras a negativa do Concello da Coruña a autorizar o uso do recinto deportivo debido á posible coincidencia co play off de ascenso do Deportivo da Coruña.

Segundo informou a promotora nun comunicado oficial, o cambio de localización responde a “motivos externos” á súa “xestión” e “intención”. A organización sinala que a falta de alternativas na cidade herculina con capacidade suficiente para acoller ás máis de 24.000 persoas previstas obrigou a buscar un novo emprazamento fóra da Coruña.

As novas entradas para o concerto en Santiago sairán á venda o vindeiro 29 de abril ás 11:00, cun prezo único de 80 euros máis gastos de xestión, e poderán adquirirse a través da plataforma Ticketmaster. A comercialización das entradas para a cita en Riazor foi suspendida coincidindo coa difusión do comunicado.

No que respecta ás persoas que xa adquiriran entradas, a promotora estableceu diferentes procedementos. Quen contaban con entradas de pista ou mobilidade reducida poderán acceder ao novo recinto sen necesidade de realizar trámites adicionais. Pola contra, aquelas persoas que non desexen asistir ao concerto en Santiago poderán solicitar o reembolso nun prazo de 30 días, entre o 23 de abril e o 23 de maio.

Para o público con entradas de grada (Tribuna, Preferencia ou Marathón), procederase á devolución automática do importe. Ademais, habilitarase unha preventa exclusiva de 48 horas para que poidan adquirir novas localidades no Monte do Gozo antes da apertura da venda xeral. Esta fase estará activa desde o 27 de abril ás 11:00 ata o 29 de abril ás 10:59.

O concerto fora anunciado en maio de 2025 polo Concello da Coruña, nun contexto de tensión coa entidade deportivista. Co paso do tempo, ambas institucións acadaron un maior entendemento, o que derivou na decisión municipal de priorizar o uso deportivo do estadio. Segundo fontes municipais, o acordo co club establece que calquera actividade allea ao fútbol debe programarse sen interferir co calendario competitivo.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, explicou que “cando se anuncia o concerto o promotor sabe perfectamente que está supeditado ao calendario deportivo do club”, en referencia á posibilidade de que o equipo dispute as eliminatorias de ascenso en datas próximas ao evento.

Desde a organización do concerto trasladaron tamén unha mensaxe de desculpa ao público: “En nome do artista e da organización queremos pedir desculpas polas molestias ocasionadas polos cambios acaecidos no citado concerto, e agradecer de antemán a paciencia e comprensión ante esta situación”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here