InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

Marta Abal advirte da falta de concreción sobre o uso dos fondos e pregunta pola constitución da Comisión do Foro de Turismo Sustentable

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a súa preocupación pola falta de definición no destino dos ingresos procedentes da taxa turística, incluídos no Orzamento Municipal de 2026. Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, as contas municipais recollen unha previsión de 3.000.000 de euros vinculados a este concepto.

Abal sinalou que unha parte destes fondos xa comezou a recadarse no último trimestre do ano pasado, cunha cifra próxima aos 600.000 euros entre outubro e decembro. A este respecto, lembrou que a Ordenanza Fiscal establece que o 80% dos ingresos debe destinarse a investimentos orientados á promoción e ao desenvolvemento dun turismo sustentable.

Porén, a concelleira advertiu de que a aplicación destes recursos está condicionada á emisión dun informe por parte da Comisión Permanente do Foro de Turismo Sustentable, un órgano que, segundo indicou, aínda non foi constituído. Neste contexto, o grupo socialista formulará preguntas ao Goberno local para coñecer se existe xa unha proposta concreta sobre o uso destes fondos e en que prazos se prevé facela pública.

A edil subliñou que a proximidade do remate do exercicio orzamentario sen avances neste ámbito fai necesario acelerar a definición dos investimentos e abrir un proceso de diálogo cos sectores implicados. Neste sentido, apuntou que resulta “urxente avanzar na definición dos usos destes fondos, en o diálogo cos sectores e entidades implicadas”.

O PSdeG tamén preguntará pola previsión temporal para a creación da citada comisión, considerada clave para canalizar a participación dos axentes turísticos e garantir o cumprimento dos criterios establecidos na normativa municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here