InicioMOV. SOCIAISCreadoras de contido animan a participar na mobilización do 17 de maio...

Creadoras de contido animan a participar na mobilización do 17 de maio en Santiago

A plataforma Queremos Galego organiza unha mobilización para o Día das Letras Galegas con apoio de creadores con millóns de seguidores

Publicado o

Xornal de Compostela

Creadoras e creadores de contido galegos, que acumulan máis de dous millóns de seguidores en total nas redes sociais, lanzaron un vídeo colectivo para fomentar a participación na manifestación que a plataforma Queremos Galego organiza en Santiago de Compostela este venres, 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.

A manifestación, convocada baixo o lema “un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galicia viva”, é promovida pola plataforma cidadá Queremos Galego, que integra arredor de 600 entidades.

No vídeo divulgado, a creadora Blondiemuser expresa o desexo de “vivir en galego con normalidade”, mentres que Gabi García apunta a que en 2024 “será hora” de poder facelo efectivamente. Por outro lado, Paula Jorge destaca que este ano se cumpren 20 anos da aprobación do Plan Xeral da Lingua Galega, un plan que contemplaba máis de 400 accións e medidas das cales non se materializou ningunha, segundo indica Prado Rúa.

Laura Franco, tamén participante do vídeo, resalta que “estamos no mellor momento da creación en galego”, unha afirmación que Rodri Míguez complementa destacando tamén o boom na música e na creación de contido.

Outros creadores como Alexia Mariño, Recuncho Médico e Olaxonmario suman as súas voces no vídeo, demandando un uso máis extenso do galego na administración, os servizos públicos, a xustiza e a sanidade.

O vídeo conclúe coas intervencións de Sara Seco Rial e Yeison, que animan a participar na manifestación argumentando que “sobran os motivos” para saír á rúa o día 17 de maio ás 12,00 horas na alameda de Compostela.

O manifesto da marcha chama aos gobernos a asumir a súa “responsabilidade legal e moral co idioma” e a acompañar á sociedade na súa loita diaria por manter o galego vivo, un chamamento que busca unha resposta activa e comprometida da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...