InicioCULTURATK Elevator recibe un premio internacional polo seu proxecto na estación intermodal...

TK Elevator recibe un premio internacional polo seu proxecto na estación intermodal de Santiago

A compañía é recoñecida pola revista 'Elevator World' na categoría de nova construción pola súa aposta pola accesibilidade e a mobilidade vertical na infraestrutura compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

A empresa TK Elevator foi distinguida como Mellor Proxecto do Ano 2026 na categoría ‘Elevadores, Nova Construción’ pola revista internacional Elevator World, nun recoñecemento que pon o foco na súa intervención na estación intermodal de Santiago de Compostela.

Segundo trasladou a compañía nun comunicado, o xurado valorou especialmente a transformación desta infraestrutura ferroviaria e de transporte como “referente de accesibilidade, seguridade e confort”, grazas ás solucións de mobilidade vertical implementadas no proxecto.

A actuación abrangueu todo o proceso, desde a fase inicial de deseño ata a execución final, incorporando sistemas orientados a garantir a accesibilidade universal. Estas solucións permiten facilitar o tránsito diario de milleiros de persoas, incluíndo usuarios con distintas necesidades de mobilidade.

A estación intermodal compostelá constitúe, segundo a empresa, un dos elementos destacados na renovación do sistema de transporte urbano e interurbano en España. Ademais da súa función como nodo que conecta tren de alta velocidade, autobuses, taxis e zonas de estacionamento, o espazo foi concibido como unha infraestrutura integrada na cidade e aberta á cidadanía.

No ámbito técnico, o proxecto inclúe a instalación de seis ascensores, tres deles panorámicos, deseñados e fabricados no Estado. Estes equipos distribúense entre plataformas, vestíbulo principal e áreas de servizo, formando parte visible da propia arquitectura do edificio.

Desde TK Elevator subliñan que este galardón reforza a súa posición como empresa especializada en solucións de mobilidade accesible, ao tempo que evidencia a súa capacidade para desenvolver proxectos con proxección internacional a partir de recursos e coñecemento locais.

O CEO da compañía para o sur de Europa e África, Pedro Martín, sinalou que “a estación intermodal de Santiago de Compostela demostra como a mobilidade vertical achega un valor real cando se integra desde o inicio en proxectos complexos”, e engadiu que este recoñecemento tamén destaca a capacidade técnica desenvolvida desde España para competir a nivel global.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...