InicioSOCIEDADEA Xunta dá luz verde ao proxecto de Mallou en Santiago con...

A Xunta dá luz verde ao proxecto de Mallou en Santiago con máis de 3.600 vivendas

O Consello aproba inicialmente o PIA para este ámbito da zona norte onde o 80% dos fogares contarán con algún tipo de protección.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello da Xunta aprobou inicialmente o proxecto de interese autonómico (PIA) para desenvolver chan no ámbito SUD1 ‘Mallou‘, en Santiago de Compostela, onde se prevén 3.609 vivendas, maioritariamente protexidas. Este é o sétimo PIA que tramita a Administración autonómica que alcanza a aprobación inicial, no marco da Estratexia galega de chan industrial.

O ámbito do PIA acolle 519.935 metros cadrados e está situado no lugar de Mallou, na zona norte de Santiago. Os terreos do sector comprenden a conca alta do río Sar e sitúanse a unha altitude media de 300 metros. O ámbito ordenado estrutúrase en cinco grandes cuarteróns separados por unha rede viaria estruturante. Así, dentro de cada un deles organízase en cuarteróns menores onde se localizan as zonas para vivendas, equipamentos públicos, zonas verdes e unha rede viaria de servizo ou acceso.

A proposta de ordenación prevé un número aproximado de 3.609 vivendas, das cales o 80% serán protexidas, integradas en bloques de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, con alturas que varían entre B+1 e B+9+BC. O número de prazas de aparcadoiro prevista é de 3.558.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...