InicioPOLÍTICAA Xunta remítese á información pública sobre a planta de residuos de...

A Xunta remítese á información pública sobre a planta de residuos de Cacheiras e evita concretar unha reunión coa veciñanza

Medio Ambiente asegura comprender as “inquietudes veciñais”, pero subliña que toda a documentación xa está dispoñible e defende que a tramitación ambiental do proxecto foi “rigorosa” e “garantista”

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta limitouse este luns a lembrar que a súa titular, Anxos Vázquez, “xa manifestou a súa disposición a facilitar toda a información da que dispón a Xunta” sobre a planta de tratamento de residuos da construción e demolición, ante a solicitude da Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras-Aldeas Limpas para concretar un encontro coa veciñanza canto antes. “Comprendemos e respectamos as inquietudes veciñais ante un proxecto destas características”, indicaron fontes da Consellería de Medio Ambiente, que, con todo, engaden que esa mesma información “xa é pública” e que ata o momento non se recibiu “ningún escrito ou alegación ao respecto”.

A XUNTA DEFENDE A VIABILIDADE AMBIENTAL DO PROXECTO

Sobre a planta de tratamento de residuos da construción e demolición que a empresa Midón quere situar entre Feros e A Torre, nunha contorna con vivendas próximas, o departamento autonómico sinala que a viabilidade da súa declaración ambiental foi estudada “polos técnicos da Xunta co máximo rigor e profesionalidade”. Neste sentido, esas mesmas fontes defenden que a “estrita tramitación ambiental” seguida é “totalmente garantista”. Ademais, explican que o informe de impacto ambiental (IIA) concluíu que “non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto”, sempre que se cumpran os condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada como na propia resolución autonómica.

A VECIÑANZA ALERTA DE TRÁFICO PESADO, RUÍDO E EMISIÓNS DE PO

Porén, a plataforma veciñal mantén a súa oposición frontal ao proxecto e advirte de que a instalación proxectada, cunha capacidade máxima de 25.000 toneladas anuais, implicaría “un incremento significativo” do tráfico pesado e, en consecuencia, unha “maior presión” sobre os viarios locais. A isto súmanse, segundo o colectivo, o “movemento continuo de materiais”, o ruído e as emisións de po, cuestións que a veciñanza considera incompatibles coa proximidade das vivendas e co impacto que, ao seu xuízo, tería a planta sobre a calidade de vida da contorna.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...