InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta defende o proxecto de planta de residuos en Teo: "Se...

A Xunta defende o proxecto de planta de residuos en Teo: “Se xeramos residuos hai que tratalos tamén”

Publicado o

Xornal de Compostela

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, defendeu o proxecto da planta de tratamento de residuos da construción que a empresa de escavacións e demolicións Midón pretende situar en Cacheiras, Teo, e púxose a disposición dos veciños para darlles toda a información que necesiten.

Así o trasladou a titular de Medio Ambiente tras ser preguntada este sábado en Santiago polos medios de comunicación sobre o malestar dos veciños da localidade. Todo iso despois de que a Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras-Aldeas Limpas demandase ao Concello de Teo “unha posición firme” e o seu “apoio explícito” a que non se sitúe a planta entre Feros e A Torre, con vivendas preto, para así enviar “unha mensaxe relevante” á Xunta, xa que ambas as administracións están gobernadas con maioría absoluta polo PP.

Neste contexto, Vázquez explicou que tanto esta planta como calquera outra actividade que se queira implantar no territorio debe superar unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) ou unha Autorización Ambiental Integrada,. “Por tanto, aquí hai que valorar o cumprimento”, indicou.

Por iso, a conselleira pediu aos veciños que sexan conscientes que, do mesmo xeito que se xeran residuos, ten que haber lugares onde se poidan transformar eses residuos. “O que non pode ser é que se cren plataformas cada vez que se queira instalar algo no territorio”, subliñou. Finalmente, puxo a Consellería de Medio Ambiente a disposición de todos os veciños para dar toda a información respecto diso. “Se Galicia é a comunidade autónoma que máis reduciu as súas emisións é porque é das máis estritas no cumprimento da lei“, concluíu.

ÚLTIMAS

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...

Hostaleiros esperan unha ocupación por baixo do 80% na semana das festas do Apóstolo, en Santiago

O portavoz da Unión Hoteleira de Compostela (UHC), José Antonio Liñares, indicou que se...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Rueda defende unha avaliación “rigorosa” da planta de Cacheiras ante o temor veciñal: “É unha bomba absoluta”

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, afirmou respectar as...

O PP rexeita reiniciar a avaliación ambiental da planta de residuos de Cacheiras e lembra que aínda poden presentarse alegacións

O debate arredor do proxecto para a implantación dunha planta de residuos en Cacheiras,...

Pedro Blanco reivindica en Teo o peso estratéxico do audiovisual galego e destaca máis de 11 millóns en axudas estatais ao sector

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo este martes en Teo o...