InicioSOCIEDADEO Psiquiátrico de Conxo, nova parada na liña de autobús entre O...

O Psiquiátrico de Conxo, nova parada na liña de autobús entre O Barbanza e os hospitais de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A liña de autobús que conecta a comarca do Barbanza co Hospital Clínico de Santiago e co Hospital de Conxo disporá desde este mércores, 15 de maio, dunha parada no Hospital Psiquiátrico de Conxo, segundo informou a Xunta.

A incorporación da parada, que xa se realiza noutros servizos de autobús, ofrece “un servizo máis cómodo á ida e á volta ao persoal sanitario e ao resto de persoas usuarias da liña que acoden ao Hospital Psiquiátrico de Conxo”, ao evitar o traxecto a pé entre ese centro e o Hospital de Conxo, onde xa había unha parada.

A duración total das viaxes entre Ribeira e Santiago de Compostela non se verá incrementada, xa que a parada localízase no itinerario que vén realizando a liña de autobús, entre as paradas do Hospital Clínico e do Hospital de Conxo.

Con esta mellora do servizo, a Xunta “dá resposta ás peticións trasladadas polos usuarios da liña”, que se puxo en marcha o pasado outubro para facilitar, principalmente, os desprazamentos ao traballo do persoal sanitario de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo.

Esta liña conta con seis expedicións todos os días do ano, tres de ida e tres de volta, axustadas aos horarios de mañá, tarde e noite dos traballadores. Ao non variar a duración da viaxe, os servizos seguirán saíndo da estación de autobuses de Ribeira ás 06,20, ás 13,20 e ás 20,20 horas. Para o regreso, os autobuses saen da estación intermodal de Santiago ás 08,10, ás 15,10 e ás 22,10 horas.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

O CiMUS liderará dende Santiago unha rede europea para investigar o papel do ‘splicing’ nas enfermidades humanas

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de...

Tomás Sobrino incorpórase a Galzheimer Care para reforzar a investigación sobre o Alzheimer

O investigador Tomás Sobrino, director do Grupo de Neuroenvellecemento do Laboratorio de Investigación en...