O proxecto de investigación NeoGiANT (The power of grape extracts: antimicrobial and antioxidant properties to prevent the use of antibiotics in farmed animals) desenvolveu e validade formulacións naturais innovadoras con propiedades antimicrobianas e antioxidantes dirixidas a enfermidades infecciosas animais empregando para iso un extracto do bagazo de uva Albariño.
Para conseguir este obxectivo, informa a USC, usouse unha técnica de extracción sustentable e patentada, valorizando os residuos da produción de viños brancos de alta calidade que aínda conservan unha importante carga dos compostos bioactivos orixinalmente presentes na uva.
A asemblea xeral final do proxecto NeoGiANT celébrase ata o venres no Centro de Estudos Avanzados da USC. Ao longo de tres días, as persoas integrantes do proxecto expoñen os logros conseguidos.
Este consorcio internacional do programa H2020 está coordinado pola catedrática de Química Analítica da USC Marta Lores e está integrado por 20 socios de nove países, dos cales catro son institucións de educación superior.
O equipo da USC está formado pola investigadores Carmen García Jares, Trini de Miguel, Sandra Sánchez, Patricia Díaz, Roberto Bermúdez e Maribel Quiroga, xunto con María Celeiro como xestora do proxecto. A cerimonia de clausura contará coa presenza de autoridades académicas da USC e de representantes da REA, Axencia Executiva Europea de Investigación.
Entre os prototipos validados neste proxecto está a produción de 2.000 xiringas intramamarias para o tratamento da mastitis bovina, máis de 1.500 quilos de penso para a alimentación de lechones e a avaliación do seu efecto na diarrea post-destete, 600 quilos de penso para alimentar 24.000 troitas arcoiris e diluyentes de seme para grandes granxas de esturión ou reprodución porcina a grande escala. Isto supuxo a transformación de máis de 20 toneladas de bagazo de uva Albariño na produción de 15.000 litros de extractos nas súas diferentes formulacións.

