InicioSUCESOSA vítima dunha violación relata que tiña "dependencia emocional" do agresor

A vítima dunha violación relata que tiña “dependencia emocional” do agresor

O suposto agresor di que foi consentido

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este martes, día 7, o xuízo contra un home acusado de violar ao seu expareja. Os feitos tiveron lugar en Santiago de Compostela, aínda que a causa procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 da Estrada, que foi onde se presentou a denuncia.

Este martes, durante a vista oral, a muller explicou que mantivera unha relación previa co denunciado pero que, pouco antes dos feitos, o deixaran. Esa noite, coincidindo coa celebración de Halloween, ela foi a unha festa na casa dunha amiga e logo saíron de copas por Santiago. Nun pub, apareceu o acusado.

A muller, sentíndose incómoda porque “el se achegaba moito”, decidiu regresar ao seu piso pero ao chegar ao portal do seu edificio a súa ex parella “apareceu por detrás”. Ela pediulle que se fose, pero ante a insistencia del, permitiulle entrar na vivenda. A discusión seguiu avanzando e ante as peticións dela para que marchase, el insistía en que non a ía molestar.

Segundo a versión dela, empezaron a forcejear e caeron na cama. “El non paraba de tentar tocarme e eu non quería que me tocase, apartábame”. Finalmente, o home aproveitou un ataque de ansiedade da vítima, que se vía xa sen forzas para defenderse, para penetrala sen o seu consentimento, tal e como relatou a muller.

Tras un tempo de relación intermitente, en decembro volveron ter unha relación formal, pois ela estaba “moi namorada” e “tiña unha dependencia emocional moi grande desta persoa”.

En febreiro, tras unha nova ruptura, ela denunciouno por acoso e o 15 de marzo de 2020, en pleno confinamento, denunciou ante a Garda Civil a agresión sexual. Desde entón, non retomaron a relación.

Pola súa banda o acusado recoñece que ese día discutiron, pero aclara que foi ela a que o agrediu a el e que non a forzou a manter relacións sexuais. Explica que cando estaban de copas no pub, ela foise e, dado que estaba a chover e ela bebera moito, chamouna a ver se quería que as achegase a casa a ela e á súa amiga, ao que a súa ex respondeu que non, pero que se vían logo en casa.

Nega a discusión no portal, pero si recoñece unha rifa xa na habitación por unhas infidelidades pola súa banda e declara que nese momento ela propinoulle unhas labazadas. Despois diso, el asegura que se foi pero que ela lle mandou mensaxes por Whatsapp pedíndolle que regresase para “arranxar as cousas”. Ao volver, de novo no cuarto, segundo o relato do acusado, deitáronse e, na cama, volveu a “rabia” e “chegou a morderme”, pero finalmente ela botouse a chorar, el consolouna e adormeceron.

Ao día seguinte, segundo a versión del, fixeron as paces e comezaron unha relación xa formal que durou ata febreiro de 2020, cando el lle recoñeceu que tivera unha “relación paralela”. O caso quedou visto para sentenza.

A Fiscalía solicita que este home sexa condenado a nove anos de prisión; seis anos de liberdade vixiada; 17 anos de inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividades que leven contacto regular e directo con menores de idade; e o pago dunha indemnización de 25.000 euros á vítima. O acusado declárase inocente polo que o seu defensa pide a súa libre absolución.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Joshua Kenneth: “Para min a máxia é un xeito de vida”

Joshua Kenneth é un artista galego que percorre o mundo realizando performances de maxia....

Movemento Sumar insta a restaurar o cartel LGTBIQA+ queimado no Milladoiro

O Secretario LGTBIQA+ de Movemento Sumar en Terras de Compostela, Álvaro González, denunciou este...

O Museo do Pobo Galego inaugura unha exposición para homenaxear ás cantareiras galegas

O Museo do Pobo Galego inaugurará este venres 11 de abril ás 19:00 horas...

O Compos logra unha vitoria clave ante o Salamanca e mantén viva a loita pola permanencia

A S.D. Compostela sumou este domingo unha vitoria vital por 1-0 ante o Salamanca...

‘Máis recursos e menos discursos’. Miles de persoas maniféstanse en Santiago para denunciar “o desmantelamento” no Sergas

Miles de persoas --máis de 4.000 segundo a estimación da Policía Autonómica-- manifestáronse este...

Piden 4 anos de prisión para un home que estafou a Vayper automoción 25.305 euros cunha falsa venda de coches

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores na súa sede compostelá a un home...

Masiva manifestación en Santiago contra “o negocio da vivenda”: ‘Ter un teito é un dereito’

Milleiros de persoas percorreron as rúas compostelás durante a xornada deste sábado para clamar...