InicioMOV. SOCIAISCompostela acollerá un acto de reivindicación da lingua galega o 16 de...

Compostela acollerá un acto de reivindicación da lingua galega o 16 de maio

A alcaldesa Goretti Sanmartín anima ás forzas políticas a amosar compromiso unánime co galego na véspera do Día dás Letras Galegas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela ten programado un “acto público de reivindicación da lingua” galega para o próximo 16 de maio, a véspera do Día das Letras Galegas. Durante o evento, lerase unha declaración institucional en defensa do galego, á que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, animou a participar a todas as forzas políticas do consistorio.

A intención é que todos os partidos políticos municipais demostren un “compromiso unánime” co avance no uso do galego, tanto dentro da administración garantindo os dereitos lingüísticos da poboación, como cara ao exterior, reforzando a mensaxe de orgullo cidadán pola lingua propia.

Durante unha reunión no Pazo de Raxoi, a alcaldesa dialogou con Marcos Maceira, portavoz da Mesa pola Normalización Lingüística, e outros membros da entidade, para detallar tanto o acto como a manifestación tradicional do 17 de maio. Sanmartín destacou a necesidade de seguir avanzando na protección dos dereitos lingüísticos ante as debilidades que aínda presenta o galego, especialmente no acceso e uso nas administracións públicas.

A campaña deste ano, baixo o lema “Galego vivo, Galiza viva“, enfatiza que unha Galiza dinámica só é viable cunha lingua viva e activa en todas as esferas sociais. Maceira criticou a exclusión do galego en sectores como a educación, a xustiza e os medios de comunicación, e instou ao goberno autonómico a cumprir coas políticas de normalización lingüística xa establecidas.

Aínda esperan resposta da Xunta a unha petición de reunión con José López Campos, conselleiro de Lingua, realizada hai tres semanas, para discutir estas cuestións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...