InicioPOLÍTICAO PP critica o programa da Ascensión: "Volve esquecer aos barrios e...

O PP critica o programa da Ascensión: “Volve esquecer aos barrios e parroquias”

Demanda un informe favorable para a actuación da Panorama na Praza do Obradoiro.

Publicado o

Xornal de Compostela

O PP de Santiago tachou de “decepcionante” a programación das festas da Ascensión e insistiu en demandar un informe favorable para a actuación da Panorama na Praza do Obradoiro.

En rolda de prensa, a concelleira popular Nerea Barcia lamentou que o Goberno local “volva esquecer aos barrios e parroquias”, xa que considera que optaron por levar as actuacións que tiñan lugar nos centros socioculturais para locais de hostalaría. Neste sentido, dixo non entender “o criterio que empregaron para decidir en que locais sí e en cales non”, criticando que non fose “acordado” coa Asociación de Hostalaría. Tamén reprochou que coincida o horario dos concertos dos 40 Principais na Quintana coa actuación da Orquéstra Panorama na Praza do Obradoiro.

Sobre esta actuación, o edil do PP local Adrián Vila manifestou que a pesar de que o PP “está a favor” deben esixir “que se faga co informe favorable pertinente”, para que “se cumpran todas as garantías”. Así, cualificou de “sorpresa” a limitación de acceso ao Obradoiro. “Sorpréndenos que os nacionalistas tomasen a decisión de limitar decibeis e espectadores, sen saber se con esas medidas imos obter un informe favorable”, remarcou.

Preguntada por estas críticas, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, lembrou este luns en rolda de prensa que esta actuación se enmarca dentro das festas da Ascensión, polo que “non necesita informe dos técnicos”. Con todo, debido ao “compromiso co patrimonio” do Executivo local, engadiu, quixeron “tomar unha serie de medidas”, como a limitación do espazo a 8.000 persoas e baixar os decibeis.”Non é necesario o informe, pero insistimos en querer tomar unha serie de medidas que en anteriores anos non se tomaron”, aseverou Louzao.

Ademais, os populares composteláns tamén mostraron o seu descontento pola “falta de programación” no ámbito da mocidade. Botan en falta “máis peso dos novos talentos, dos creadores e creadoras” do municipio. Nesta liña, o edil Borja Rubio expuxo que no centro de Almáciga ensaian sobre 30 grupos musicais e nestas festas da Ascensión “só un deles terá a oportunidade de mostrar todo o seu potencial”.

Ante isto, a concelleira do BNG Míriam Louzao defendeu que hai actividades para este público e criticou que o PP “fai o seu papel” que, na súa opinión, pasa por “basicamente non gustarlle nunca nada do que fai este goberno”.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas presentaron este venres a súa solicitude para ser reitora

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...