InicioSOCIEDADETerá Santiago que conceder máis licenzas de taxi ou poñer novas liñas...

Terá Santiago que conceder máis licenzas de taxi ou poñer novas liñas de bus tras o peche do aeroporto de Vigo?

A alcaldesa apunta que Aena trasladoulles que o aeródromo de Santiago ten "suficiente capacidade" para asumir estas operacións.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago asegurou que o seu goberno está “a mirar as opcións” para determinar se é necesario pór en marcha “algún tipo de reforzo” no ámbito da mobilidade para asumir o incremento de operacións no aeroporto de Santiago, que asumirá as de Peinador mentres dure o seu peche por obras.

A preguntas dos medios, Goretti Sanmartín dixo que esta cuestión “se está falando” e que están encima da mesa “ferramentas a medio prazo” para mellorar a mobilidade desde o aeroporto, como “máis licenzas de taxi” ou unha liña propia coa intermodal no novo contrato de autobuses. Para a “cuestión puntual” do peche de Peinador, engadiu, a concellaría de Mobilidade “está a ver que tipo de programación” é necesaria, aínda que Aena trasladoulles que a capacidade do Rosalía de Castro “é suficiente para asumir” estas novas operacións.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...