InicioSANTIAGODetida unha persoa en Santiago por un delito de malos tratos animais,...

Detida unha persoa en Santiago por un delito de malos tratos animais, tras atopar un can morto e outro en estado crítico

Detectouse no marco da investigación dun incendio.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Autonómica detivo a unha persoa en Santiago por un suposto delito de malos tratos continuados de animais, tras localizar, no marco da investigación dun incendio, unha gaiola cun can morto e outro en estado crítico.

Segundo informaron fontes da Xunta, o achado dos animais produciuse cando se investigaba un lume nunha leira na parroquia de Bando o mes pasado. Os axentes atoparon aos cans e comprobaron que os danos que presentaban non eran resultado das chamas, senón da falta de atención.

O can que estaba vivo foi trasladado ao refuxio de animais de Bando para o seu tratamento veterinario, e as investigacións permitiron constatar incumprimentos graves por parte da persoa investigada durante anos. Así, os animais estaban permanentemente enxaulados, sen acceso a alimento nin auga, en instalacións cunha evidente falta de limpeza e hixiene, sen atención nin vixilancia adecuadas. Ademais, o can morto carecía do preceptivo microchip identificador.

As actuacións e dilixencias realizadas foron postas en coñecemento do xulgado de garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...