InicioDEPORTESA SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

O equipo compostelán impúxose por 3-1 en San Lázaro, suma a sexta vitoria consecutiva e mantense invicto tras 17 xornadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1 ao Viveiro CF no estadio de San Lázaro, nun encontro que serviu para pechar a primeira volta do campionato sen coñecer a derrota. O conxunto compostelán encadea así a sexta vitoria consecutiva e amplía a súa vantaxe na clasificación ata os dez puntos sobre o segundo clasificado.

O partido comezou cun claro dominio do equipo local, que xerou varias ocasións de perigo nos primeiros compases. Antón Guisande, Armental, Maceira e Goris tiveron opcións para abrir o marcador, pero o porteiro visitante evitou o gol con diversas intervencións decisivas. Cando parecía que o encontro se encamiñaba ao descanso con empate, o conxunto mariñán aproveitou unha transición rápida tras un saque de falta do Compos para adiantarse cunha carreira de Esquerdeiro, establecendo o 0-1.

Tras o paso polos vestiarios, a SD Compostela mantivo a iniciativa e incrementou a presión ofensiva. A entrada dos primeiros cambios resultou determinante, especialmente a de Rosón, que asinou un destacado debut como xogador compostelán. Nun treito de apenas dez minutos, o equipo local conseguiu darlle a volta ao marcador con tres accións consecutivas de gol.

O empate chegou no minuto 71, cando Parapar filtrou un balón ao espazo para Armental, que avanzou pola banda e asistiu con precisión a Maceira, autor do 1-1 a porta baleira. Só tres minutos despois, o propio Armental volveu ser protagonista cun novo servizo interior para Maceira, que superou ao gardameta e marcou o 2-1, completando o seu décimo gol ligueiro.

A sentenza produciuse no 78, cunha acción iniciada por Antón Guisande, que gañou a espalda da defensa e cedeu para Cañi, quen definiu con tranquilidade para establecer o 3-1 definitivo. Coa vantaxe no marcador, o ritmo do encontro diminuíu ata o asubío final.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here