InicioCULTURAO Salón Teatro de Santiago estrea a adaptación de 'Memorias dun neno...

O Salón Teatro de Santiago estrea a adaptación de ‘Memorias dun neno labrego’ con 2.500 entradas xa vendidas

A coprodución do Centro Dramático Galego e Contraproducións homenaxea a Neira Vilas cunha versión coral dirixida por Cándido Pazó que percorrerá Galicia tras o seu paso pola capital.

Publicado o

Xornal de Compostela

A teatralización de ‘Memorias dun neno galego’, coproducida polo Centro Dramático Galego (CDG) e Contraproducións, aterrará este xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela cun total de 19 actuacións, 14 en xaneiro e cinco en febreiro. A adaptación, na que “hai fidelidade, pero tamén liberdade” tal e como indicou o seu director Candido Pazó, homenaxea o 65º aniversario da novela orixinal escrita por Xosé Neira Vilas e o décimo aniversario da morte do narrador e poeta pontevedrés. A data elixida, ademais, débese á dedicación das memorias aos reis meigos.

O director do CDG, Fran Núñez, revelou na presentación da obra que para os pases de xaneiro, de mércores a domingo ata o 25, xa se venderon preto de 2.500 entradas, o que supón entre un 70 e 75% do aforamento total. A boa acollida provocou, segundo Nuñez, que se fixaran outro cinco pases entre o 11 e o 15 de febreiro, cuxas entradas sairán este xoves á venda e “ten pinta de que voarán”. Nuñez tamén adiantou que contan cun plan de mobilidade para que persoas de localidades próximas, como Boiro ou Muros, póidanse desprazar á capital galega e acudir ás diferentes sesións ofertadas.

A chamada “vira inicial” polo director do CDG, visitará en datas vindeiras Vimianzo, Ribeira, Nigrán, Lugo, Rianxo, Monforte, Carballo, Vilalba e O Barco de Valdeorras. A iniciativa conta, á súa vez, co apoio do Museo do Pobo Galego. A presidenta do centro, Concha Losada, anunciou que o próximo 14 de xaneiro ás 16:30 horas o museo ofrecerá unha visita guiada con “as especiais referencias que Balbino (protagonista da novela) fai na obra”.

A presentación, moderada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), tamén contou coa presenza da actriz Mónica García e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez. García, quen recoñeceu non haber coincido previamente co resto de sete actores e actrices que conforman o elenco, destacou o labor realizado por Candido Pazó para construír unha obra “fácil de interpretar” e a súa valía para “dar indicacións moi atinadas”.

‘Memorias dun neno labrego’ é, para Pazó, “un clásico” ao que hai que mirar desde “distintas ópticas”. Aínda que a novela xa foi teatralizada anos atrás no estado mexicano de Iucatán, o director determinou que a súa adaptación é “máis coral”. Pazó explicou que a obra é “unha representación dos pais da época” e, aínda que hoxe “poida parecer dura”, a figura do pai do protagonista reflicte “a interrelación dos fillos cos seus pais de toda unha xeración”.

O director tamén matizou que a novela escrita por Xosé Neira Vilas non é autobiográfica a pesar de que “haxa moito de Neira Vilas en Balbino”, o neno protagonista. Ademais, “emocións propias das loitas desiguais ou da inxustiza” poden atribuírse tamén ao mundo actual. Valentín García, quen prognostica un “éxito seguro” á representación teatral, enxalzou como Neira Vilas “escribiu unha obra de Balbino nun país cheo de Balbinos” a través dunha linguaxe accesible. A novela é, en palabras de García, “unha das obras galegas máis traducidas”, pois foi traducida a máis de 20 idiomas e xa conta con máis de 700.000 exemplares en diferentes versións.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...