InicioSANTIAGOTEOTeo reclama máis presenza da Garda Civil tras os roubos rexistrados na...

Teo reclama máis presenza da Garda Civil tras os roubos rexistrados na comarca

A alcaldesa mantivo unha reunión cos responsables da Garda Civil e da Policía Local e trasladou ao delegado do Goberno a petición dun incremento de efectivos, ademais de propoñer novas medidas de vixilancia no municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitou un reforzo dos efectivos da Garda Civil para a comarca ante os roubos rexistrados nas últimas semanas en distintos puntos do territorio. A rexedora trasladou esta demanda tras manter contactos cos responsables dos corpos de seguridade que operan no municipio.

Neste contexto, este martes tivo lugar un novo encontro entre a alcaldesa, o comandante do posto principal da Garda Civil no Milladoiro, Jesús Tobar, e o xefe da Policía Local de Teo, Manuel Parga. A reunión serviu para facer seguimento dos traballos de vixilancia e control que se están a desenvolver no concello e para analizar a situación actual en materia de seguridade.

Segundo indicou o goberno local, a alcaldesa expresou ao responsable da Garda Civil “a súa preocupación” polos feitos rexistrados recentemente e confirmou que xa trasladou esta situación ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, solicitando un incremento de efectivos destinados á comandancia que dá servizo a Teo e á súa contorna.

Ademais da petición de máis persoal, o Concello de Teo está a estudar outras medidas orientadas a mellorar a disuasión e a sensación de seguridade no municipio. Entre as propostas expostas pola alcaldesa atópase a instalación de cámaras de vixilancia en diferentes puntos do termo municipal, así como o reforzo do cadro de persoal da Policía Local, co obxectivo de intensificar a presenza policial e a capacidade de resposta.

Desde o executivo local sinalan que estas actuacións buscan previr novos incidentes e dar resposta ás inquedanzas da veciñanza, ao tempo que se mantén a coordinación cos distintos corpos de seguridade que operan na comarca de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

O BNG de Teo denuncia que o Goberno de Lucía Calvo deixou sen executar tres millóns de euros en investimentos durante 2025

O BNG de Teo denunciou que o Goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...