InicioDEPORTESO Compos amplía a vantaxe na cabeza tras vencer pola mínima ao...

O Compos amplía a vantaxe na cabeza tras vencer pola mínima ao Arosa

Un gol de Maceira sostén o liderado e o regreso de Marco Baña trece meses despois pon a nota máis emotiva do partido

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela continúa firme no alto da clasificación tras superar este domingo ao Arosa no Vero Boquete por 1-0, un resultado que reforza o liderado dos santiagueses nun encontro no que tamén destacou a reaparición do canteirán Marco Baña, máis de un ano despois da súa última presenza.

O cadro de Sánchez entrou ao choque marcando o ritmo desde o inicio, buscando transicións rápidas para sorprender á defensa visitante. As primeiras ocasións chegaron por medio de Goris, que se quedou a centímetros de adiantar ao Compos nunha carreira ao espazo, e de Armental, quen atopou resposta segura nas mans de Chema. O dominio local atoparía recompensa superada a media hora, cando Maceira, máximo goleador do equipo, aproveitou un balón solto na área para conectar un cabezazo certeiro e subir o 1-0 ao marcador.

Co gol, o Compos reforzou o control do xogo ata o descanso e, na reanudación, mantivo a mesma liña, malia que o Arosatratou de mover ficha adiantando liñas. Os branquiazuis seguiron atopando vías para ampliar a vantaxe: Maceira e Parapar probaron fortuna desde fóra da área, mentres que Goris dispuxo dunha das máis claras ao chegar desde segunda liña, obrigando de novo a Chema a intervir con acerto.

Na fase final, o Arosa volcouse ao ataque en busca do empate, pero a defensa compostelanista mantivo a orde e neutralizou os intentos visitantes, certificando unha nova portería a cero, un dos piares do bo momento do equipo.

O encontro deixaría aínda un instante especial para a bancada: o regreso de Marco Baña, que volveu vestir a camiseta do primeiro equipo despois de trece meses fóra dos terreos de xogo, entrando nos minutos finais para selar unha xornada que, ademais dos tres puntos, deixou unha mensaxe de continuidade para a canteira.

Co triunfo, a SD Compostela aumenta a seis puntos a súa renda ao fronte da táboa e afrontará a próxima semana a visita ao Atlético Coruña Montañeros coa opción de consolidar aínda máis a súa posición de privilexio.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here