InicioMOV. SOCIAISOs Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

O corpo municipal denuncia que Compostela opera “en mínimos crónicos” e que non pode garantir a mesma capacidade de intervención que outras cidades de características similares

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago despois dunha mensaxe publicada polo propio corpo nas súas redes sociais. A través dun informe comparativo, os profesionais alertan de que a cidade conta cun dispositivo estruturalmente inferior ao doutras urbes con características case idénticas, como é o caso de Toledo.

Na súa exposición, os bombeiros destacan que ambas localidades comparten casco histórico protexido, rúas de difícil acceso, edificación antiga, presenza constante de visitantes e unha densidade de poboación semellante. Porén, subliñan que Compostela, con arredor de 98.000 habitantes, recibe un volume de persoas e de actividade superior ao da cidade manchega, ademais de concentrar espazos de especial protección como a Catedral ou o seu conxunto monumental.

A comparación céntrase nos operativos mobilizados recentemente en cada cidade. Segundo detallan, no incendio atendido en Toledo participaron 20 profesionais, manténdose ademais persoal no parque para responder a unha segunda emerxencia. O dispositivo incluíu 1 suboficial, 1 sarxento, 3 cabos, 12 bombeiros, 2 bombeiros de laboratorio e 1 telefonista, o que permitiu establecer equipos simultáneos, realizar relevos e garantir unha coordinación completa.

Fronte a isto, o servizo compostelán explica que, na mesma xornada, traballou cunha dotación de 9 efectivos. No operativo interviñeron 1 xefe de dotación, 1 xefe de equipo, 6 bombeiros e 1 telefonista, sen que quedase persoal dispoñible no parque para atender outra chamada. Os profesionais lembran que o Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) fixa un mínimo de 12 bombeiros operativos por quenda, unha cifra que —aseguran— leva anos sen cumprirse.

Dende o corpo de bombeiros formúlanse unha pregunta directa: “Como é posible que unha cidade maior, capital de comunidade, con máis exposición ao risco e un patrimonio incalculable, poida ser atendida por dotacións tan inferiores ás doutra con características similares?”. Engaden que, con só nove bombeiros, non é posible garantir a mesma capacidade de resposta ante un escenario complexo.

O servizo insiste en que o problema non reside en comparar modelos por competir, senón en “entender o que está en xogo”. E conclúe que Santiago merece un dispositivo preparado para os peores escenarios, non unha estrutura baseada en mínimos que depende, demasiadas veces, da mellor das circunstancias.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O profesorado axudante doutor da USC denuncia o bloqueo das súas prazas de estabilización e esixe unha solución á Xunta

A Plataforma de Profesorado Axudante Doutor da USC denunciou este martes a situación de bloqueo...

O sindicato estudantil Fervenza celebra en Santiago a súa II Asemblea Nacional e fixa as súas próximas mobilizacións

O sindicato estudantil Fervenza celebrou este pasado sábado, 17 de outubro, a súa II...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here