InicioPOLÍTICAMuíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O edil non adscrito responsabiliza ao Goberno local da falta de operatividade no servizo e reclama unha reacción da alcaldesa

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este domingo a presión sobre o Goberno municipal ao advertir de que, se non se produce unha solución inmediata ao conflito aberto no servizo de bombeiros, a alcaldesa Goretti Sanmartín debería “ofrecer algún cambio no seu Goberno”.

Segundo explicou nunha comunicación remitida aos medios, a xornada volvía comezar cun parque “sen capacidade operativa”, ao dispoñer unicamente de tres efectivos e ningún mando. Esta situación faría que, en caso de emerxencia, “os tres profesionais terían que actuar sen supervisión e sen que ninguén asuma a responsabilidade do que poida ocorrer”, expuxo.

Muíños indicou que o servizo non cumpre nin o mínimo de 12 persoas por quenda que marca o Plan de Emerxencias Municipais, nin o “operativo” de nove efectivos, o que ao seu xuízo evidencia unha falta de planificación. Na súa valoración, a crise actual responde “exclusivamente a unha xestión neglixente dos recursos humanos”, que inclúe tanto o “acumulo de máis de dous millóns de euros en horas extraordinarias sen pagar a Policía Local e bombeiros” como a “incapacidade absoluta” do Executivo para avanzar na negociación cos sindicatos.

Para o concelleiro non adscrito, resulta “incomprensible” que o conflito continúe máis dun mes despois do seu estalido, e que o Goberno local “siga sen resolver este problema cos traballadores nin lograr un acordo cos representantes sindicais”.

O edil lembrou ademais que permanecen sen convocar 12 prazas correspondentes ás ofertas de emprego de 2023 e 2024, o que, ao seu entender, agrava a falta de persoal estrutural no servizo. Por iso, concluíu cun ultimato: “ou se alcanza unha solución canto antes ou a señora Sanmartín deberá ofrecer algún cambio no seu Goberno. Isto non pode seguir así unha semana máis”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...