InicioSUCESOSOutro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

Outro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

Probablemente será esta noite

Publicado o

Xornal de Compostela

O túnel do Hórreo, que dá acceso a Santiago pola SC-20, volverá estar cortado, previsiblemente, esta noite ao non haber efectivos suficientes na quenda de noite que permitan garantir a seguridade do tráfico. Esta situación xa se produciu outras dúas veces na última semana: a primeira foi na noite do xoves 27 ao venres 28 e a segunda, na noite do luns 1 ao martes 2, o que deixou retencións importantes na cidade. Este escenario volverase a repetir, de forma probable, entre as 22.15 e 07.15 horas desta noite, segundo han traslado fontes consultadas por Europa Press.

Esta circunstancia excepcional, e que non se produciu no histórico da cidade ata a semana pasada, enmárcase no conflito actual entre o Concello e os servizos de Bombeiros e Policía Local. Efectivos de ambos os servizos negáronse, na súa maioría, a reforzar horas extra, ao que se vían obrigados debido ao déficit nos seus persoais.

O principal punto de conflito reside na subida da retribución das horas extraordinarias, para o que aínda non chegaron a un acordo. Con todo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tras unha reunión celebrada esta semana, mostrouse “optimista”. Nunha rolda de prensa deste mércores, a rexedora celebrou un “avance substancial” ao haber conformidade coa cronoloxía e planificación expostas para a realización da relación de postos de traballo (RTP), que fixará os complementos especifícos de nocturnidade e festividade. As negociacións continuarán nas próximas semanas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...