InicioSANTIAGOO BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, defendeu que a dotación é a adecuada

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos Postes de Santiago e o conselleiro, Román Rodríguez, defendeu que a dotación é a adecuada.

Nunha resposta a unha pregunta oral na Cámara galega, o responsable de Educación acusou aos nacionalistas de “tentar xerar un discurso negacionista” do conxunto do sistema educativo de Galicia e de practicar “propaganda á inversa”.

Así respondeu a unha pregunta da parlamentaria nacionalista Saleta Chao sobre as demandas da comunidade educativa do CEIP Monte dos Postes, en Santiago, relativas á dotación deste centro de profesorado especialista e persoal coidador.

O conselleiro, que iniciou a súa quenda de palabra relacionando as Anpas da capital galega co concello, asegurou que o BNG colle “un caso concreto e tenta xerar un discurso negacionista da realidade” para “converter en verdade o que é unha absoluta mentira”.

Con todo, a parlamentaria do BNG reprochou que non se trata de “casos puntuais” se “todas as semanas” expoñen problemas de falta de profesorado “en centros de todo o país”.

En concreto, sobre o CEIP Monte dos Postes, Román Rodríguez detallou que conta cunha oferta de 455 prazas, das que hai 70 vacantes. Tamén apuntou que “se cumpren todas os cocientes” e o profesorado “está por encima do catálogo”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...