InicioDEPORTESA San Silvestre de Santiago 2025 reunirá 2.500 corredores nun novo percorrido...

A San Silvestre de Santiago 2025 reunirá 2.500 corredores nun novo percorrido de cinco quilómetros

A carreira popular celebrarase o 31 de decembro ás 17.30 horas con saída e chegada no Obradoiro, dentro do programa ‘Compostela, a Estrela do Nadal’

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo veñen de activar a maquinaria organizativa da XII Carreira San Silvestre de Santiago, que terá lugar o 31 de decembro a partir das 17:30 cun formato renovado e a previsión de esgotar as 2.500 prazas dispoñibles. A proba enmarcáse na programación municipal ‘Compostela, a Estrela do Nadal’ e manterá a súa saída e meta na praza do Obradoiro, convertida un ano máis en epicentro deportivo do peche de ano.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, convidou á veciñanza a sumarse ao evento, destacando que participar na San Silvestre “é o mellor xeito de despedir o ano practicando actividade física”. As inscricións permanecen abertas ata o 26 de decembro e están dirixidas a persoas federadas e non federadas nacidas en 2015 ou anos anteriores, cun prezo único de 4 euros.

Unha das principais novidades da edición 2025 é o novo percorrido de 5 quilómetros, que levará o pelotón polas rúas compostelás nun ambiente marcado pola celebración e a convivencia. A organización lembra que se trata dunha carreira aberta, apta tanto para quen decide competir como para quen prefere gozar do trazado de maneira lúdica, xa sexa en familia ou disfrazado, unha das tradicións máis estendidas da proba.

A tendencia de crecemento da participación —na edición 2024 acadáronse 2.220 inscricións— leva a prever que este ano se alcance o límite fixado no regulamento. Para facilitar a organización, a recollida de dorsais realizarase exclusivamente no Centro Comercial As Cancelas, os días 29 de decembro (16:00–20:30), 30 de decembro (11:00–20:30) e 31 de decembro (11:00–16:00), sen reparto na zona de saída.

A San Silvestre compostelá manterá o seu sistema habitual de premiación, que inclúe recoñecementos para as tres primeiras e primeiros clasificados en categorías adultas e escolares, así como premios por participación aos clubes federados —en modalidades feminina e masculina—, empresas, centros deportivos, ximnasios e grupos populares con maior presenza na liña de saída. Ademais, permanecerán os galardóns aos mellores disfraces, tanto nas modalidades individual, por parella e grupal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here