InicioSOCIEDADEInstalado o acelerador de protóns do Centro de Protonterapia destinado a tratar...

Instalado o acelerador de protóns do Centro de Protonterapia destinado a tratar o cancro en Santiago

O presidente da Xunta destaca que Galicia será a primeira comunidade autónoma en ofrecer a protonterapia na sanidade pública

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presenciou este sábado a instalación do acelerador de protóns do futuro Centro de Protonterapia destinado a tratar o cancro en Santiago de Compostela, un centro que, tal e como destacou, converterá a Galicia na primeira comunidade autónoma en ofrecer protonterapia na sanidade públcia. “Hoxe é un día moi importante, é o principio da última etapa. Aínda queda moito por traballar pero é un día moi importante, grazas a todos os que están implicados neste proxecto desde o principio”, esgrimiu Rueda.

Durante unha visita ás obras deste centro, o presidente estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e polo director da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, entidade que doou este equipamento, e á que o presidente galego definiu como “un aliado imprescindible”. Así mesmo, aproveitou para explicar que este centro –cuxa posta en marcha agárdase para finais do ano que vén– é o máis adiantado dos nove que se están construíndo en España, o que converterá á comunidade na primeira en ofrecer este tratamento de radioterapia de precisión a través da sanidade pública.

En concreto, os primeiros pacientes deste centro poderían empezar a recibir tratamento entre finais de 2026 e inicios de 2027 e avanzou que en Galicia xa se están formando aos profesionais sanitarios que atenderán este centro. “Todos estamos a desexar que os pacientes que precisan esta tecnoloxía poidan tela. Así que confío que a finais do ano que vén sexamos capaces de que isto sexa unha realidade”, apuntou o presidente.

Cómpre lembrar que o investimento total do Centro de Protonterapia de Galicia superará os 60 millóns de euros entre a edificación e o equipamento, un orzamento no que están recollidos os 28 millóns de euros achegados pola Fundación Amancio Ortega á sanidade pública galega no marco do acordo para o impulso da protonterapia en España.

Ademais, as obras do edificio, impulsadas polo Goberno galego, están cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder 2021-2027. Neste contexto, o presidente da Xunta aproveitou a súa intervención para manifestar o seu agradecemento “a todos os que están a facer posible” este centro de protonterapia e destacou especialmente o labor que desenvolven os profesionais da sanidade pública galega.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...