InicioCULTURA(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

(FOTOS) O acendido do Nadal enche de música e público o Obradoiro

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O acendido oficial das luces de Nadal de Santiago celebrouse este venres cunha gran participación cidadá e cun percorrido festivo que levou a comitiva municipal desde a Carreira do Conde ata a praza do Obradoiro. A corporación municipal iniciou o acto cun pequeno desfile acompañado dun grupo de gaiteiros, que encabezaron a marcha polas principais rúas do centro histórico.

Ao longo do traxecto, a comitiva realizou as primeiras paradas de iluminación: primeiro no Toural, onde se produciu un dos momentos máis concorridos da tarde, e posteriormente na rúa do Vilar, antes de continuar cara a Praterías. O avance cara ao Obradoiro concentrou a maior parte do público, que seguiu o desfile ata a chegada arredor das 19:00.

Xa na praza, completamente chea, desenvolveuse un espectáculo previo de malabares e acrobacias, que serviu de antesala ao momento central da xornada. Dous nenos foron os encargados de premer o botón de acendido, tras unha conta atrás dirixida pola alcaldesa. Despois, a rexedora dirixiuse aos asistentes para desexar unhas boas festas, mentres o brillo da nova iluminación inundaba a fachada do Pazo de Raxoi.

O acto concluíu cunha posta en escena de música, danza e acrobacia dende o balcón municipal, que puxo o broche final ao acendido. Para pechar a celebración, serviuse chocolate quente nos soportais de Raxoi, onde moitas familias aproveitaron para compartir o inicio oficial do Nadal na cidade.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here