InicioSANTIAGORomán Rodríguez pide á USC valorar “outros escenarios” ante o veto de...

Román Rodríguez pide á USC valorar “outros escenarios” ante o veto de Medicina á descentralización

Román Rodríguez reclama que a universidade resolva os seus “problemas internos” e lembra que o pacto xa foi avalado pola UDC e Docencia Clínica

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, abriu este venres a porta a explorar alternativas ao modelo pactado de descentralización da docencia do grao de Medicina, logo de que a Facultade compostelá rexeitase o acordo que agora analiza o Consello de Goberno da USC.

Rodríguez defendeu que a proposta impulsada pola Xunta e polas tres universidades públicas galegas continúa a ser, ao seu xuízo, “a mellor solución”. Con todo, recoñeceu que o escenario mudou tras o posicionamento da Facultade compostelá, polo que “haberá que avaliar outros escenarios sen restricións” no caso de que non prospere o plan inicial. O conselleiro destacou o traballo previo entre reitorías e administración autonómica e incidiu en que o desacordo actual parte de “problemas internos da USC que deberá canalizar”.

Desde a perspectiva da Xunta, o pacto sobre a reorganización da docencia clínica foi “deseñado e moi traballado” polas tres institucións académicas, con “moito esforzo” por parte de reitores e conselleiros. Por iso, Rodríguez expresou o seu desexo de que o modelo acorde finalmente avance, malia tratarse dunha “situación complexa, con intereses contrapostos” que dificulta un consenso total.

Nun acto celebrado na Coruña, tamén se pronunciou o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, quen evitou valorar o conflito mentres non haxa unha resolución oficial na USC. Lembrou, iso si, que tanto a UDC como Docencia Clínica xa ratificaron por unanimidade o acordo. “Hai que esperar as decisións”, limitouse a responder, evitando entrar en consideracións sobre o debate interno da universidade compostelá.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...