InicioCULTURAO alumnado do Manuel López Navalón entrega as figuras cerámicas dos Premios...

O alumnado do Manuel López Navalón entrega as figuras cerámicas dos Premios Rebulir 2025

O conselleiro Román Rodríguez participou na presentación dos galardóns, elaborados un ano máis no centro compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, en Santiago, acolleu este venres a presentación das figuras cerámicas que distinguirán ás persoas e entidades premiadas no Festival Rebulir da Cultura Galega 2025. O alumnado do centro é o encargado, desde hai anos, de crear estes galardóns, unha colaboración que se consolidou como tradición anual.

O acto contou coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. Rodríguez trasladou os seus parabéns ao profesorado e ao estudantado polo “esforzo e dedicación” que cada edición aprecen nas pezas, e salientou “a profundidade humana” dun proxecto que, ao seu xuízo, simboliza o valor da creatividade e do traballo colectivo dentro da educación especial.

A directora do centro, Silvia Marín Pereiro, enmarcou esta iniciativa na conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional, lembrando que actividades como esta contribúen a promover unha sociedade “máis accesible e inclusiva”.

Os galardóns irán parar este ano ao grupo Malvela, á actriz Cristina Castaño, ao programa de televisión Luar e, como recoñecemento especial, á emigración galega en Euskadi. A entrega terá lugar o sábado 20 de decembro ás 19:00 no Complexo Rogelio García Yáñez do Picouto (Ramirás), no marco da programación do Festival Internacional Rebulir.

ÚLTIMAS

O pleno de Santiago aproba o apoio á ILP Lingua Vital coa abstención do PSdeG

O Pleno do Concello de Santiago aprobou este luns unha moción de apoio á...

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

O loito polo accidente de Urda obriga a aprazar o concerto de Kid Mount en Santiago: que pasará coas entradas?

O Concello de Santiago decidiu aprazar o concerto de Kid Mount previsto para este...

Clara Cantore presenta en Santiago ‘Regreso’, un disco que une as raíces musicais arxentinas e galegas

A cantante e compositora Clara Cantore presentará este venres, 30 de outubro, en Santiago...