InicioPOLÍTICAPP, Non Adscritos e PSOE condenan o "acoso" da CIG na sede...

PP, Non Adscritos e PSOE condenan o “acoso” da CIG na sede dos populares o 25N

Publicado o

Xornal de Compostela

O Pleno municipal ha aprobado unha moción pola cal se condenan as protestas da CIG ante a sede do PP local o pasado martes 25N, cos votos a favor do Grupo Municipal Popular, as non adscritas e o PSOE. Os socialistas sumáronse á moción urxente, impulsada por PP e concelleiras non adscritas, “por coherencia”.

A concelleira popular Maria Baleato González comezou a súa intervención denunciando que o pasado martes manifestantes da CIG dirixiron insultos a traballadoras “polo simple feito de exercer o seu dereito de asociación e pertencer a un partido político”. Cualificou a situación de “acoso e un ataque ás liberdades amparadas na Constitución”.

Baleato asegurou falar en nome das mulleres do PP, indicando que “non hai un único perfil, pero todas merecen respecto”. Reclamou “sentido común e respecto para todos”, e pediu á alcaldesa, Goretti Sanmartín, unha condena dos feitos, así como “tender pontes, non voalos”. A continuación, a concelleira non adscrita Mercedes Rosón recoñeceu incomodidade polo debate, pero defendeu que o Concello debería “reivindicar desde o consenso a defensa dos dereitos das mulleres e a loita contra a violencia machista”. Sinalou que “algunhas imaxes foron inapropiadas” e que o tratamento do tema desviou o foco do “realmente importante”.

Así mesmo, Rosón afirmou que as reivindicacións da CIG son “absolutamente respectables”, aínda que cuestionou as “formas, momento e espazo”. Por iso, sinala que decidiron unir á moción por “sororidad, comprensión e apoio” entre compañeiras. “Hai un abismo na nosa forma de pensar, pero a discrepancia non impide mostrar afecto entre persoas”, remarcou.

“NON ERA A MELLOR OPCIÓN”

Neste contexto, o socialista Sindo Guinarte defendeu o dereito de reunión e manifestación, pero subliñou que estes “non poden amparar comportamentos intimidatorios contra partidos ou xornalistas”. Ademais, considerou que acabar a protesta fronte á sede do PP “non era a mellor opción”.

A continuación, afirmou que os xornalistas “merecen todo o respecto” e alertou do risco de “escorregar pola pendente de incriminar a un xornalista“. Xustificou o seu apoio á moción en “coherencia” con esta posición. No entanto, remarcou que o PP sofre dunha “gravísima falta de coherencia” neste tema, porque este mércores rexeitou asinar no Senado unha declaración para rexeitar os insultos e ameazas de “grupos ultras” contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

A COMPOSTELA ABERTA E BNG “NON LLES GUSTOU”

Nesta liña, a tenente de alcaldesa e concelleira de Compostela Aberta, María Rozas, reiterou que “viu imaxes da manifestación que non lle gustaron, non comparte nin a representan e que cree que non benefician a ninguén”.Con todo, criticou a “falta de coherencia” e “dobre vara de medir” do PP, ao lembrar que o partido “non condenou outras manifestacións como as ocorridas en Ferraz — sede do PSOE –“. “Lamento que en Santiago no 25N falásese máis disto que do aumento de denuncias violencia xero ou a regresión da mocidade. Iso era importante non outras cuestións que se falaron”, concluíu.

Tamén, a portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, coincidiu con Rozas, asegurando que “non lle gustaron as formas”. A maiores, remarcou que “non é un delito manifestar” e subliñou que a concentración da CIG non foi convocada polo BNG. “A mobilización estaba autorizada, pero podo coincidir en que algunhas formas non foron as mellores”, indicou.

Finalmente, a mandataria local manifestou que o “lexítimo dereito de todo o mundo é manifestar”, pero que entende “que existe moita tensión e que hai momentos e espazos nos que hai que acougar eses ánimos e tensión”. Con todo, engadiu que “non lle gustou” que “se queira facer un traxe” que non corresponde coa realidade. “Este Goberno é de persoas pacifistas e respectuosas da diversidade e as diferenzas”, concluíu.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here