InicioSANTIAGOBRIÓNBrión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular...

Brión acende o Nadal cunha feira de artesanía, obradoiros e magosto popular este venres

A Praza das Polbeiras será o epicentro dunha xornada festiva con iluminación, música tradicional e actividades para todas as idades

Publicado o

Xornal de Compostela

A tarde de mañá venres marcará o inicio oficial do Nadal en Brión, que celebrará na Praza das Polbeiras de Santa Minia e na súa contorna unha ampla proposta de actividades abertas á veciñanza. O Concello programou unha Feira de Nadal que reunirá artesanía, gastronomía, obradoiros e música tradicional, ademais do acendido do alumeado festivo, nunha xornada pensada para todos os públicos e con acceso libre.

Entre as 16:00 e as 20:00, a praza converterase nun espazo de encontro arredor dunha feira na que participarán arredor dunha quincena de postos con produtos artesáns, oferta gastronómica, elaboracións da horta, doces e embutidos. En paralelo, desenvolveranse diferentes obradoiros, orientados tanto a persoas adultas como ao público infantil. A programación inclúe propostas de decoración de Nadal, cociña e sobremesas propias destas datas, a creación de pousavasos temáticos e a presenza dun Apalpador Móbil, que animará o ambiente festivo.

O momento central da tarde chegará ás 18:30, co acendido do alumeado de Nadal, acto que estará presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín. A iluminación inaugural correrá a cargo dun neno ou nena participante na festa, escollido por sorteo entre as persoas presentes. A continuación dará comezo un magosto popular, acompañado de música tradicional en directo.

Durante o magosto, a organización ofrecerá castañas, chocolate con churros e bebida de maneira gratuíta, coa intención de favorecer a participación e converter a velada nun encontro comunitario que dea a benvida á época festiva no municipio.

A Feira de Nadal está promovida polo Concello de Brión e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, que apoia esta iniciativa co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural do territorio ao inicio da campaña de Nadal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here