InicioSOCIEDADEÁbrese este mércores o prazo para presentar candidaturas ao reitorado da USC

Ábrese este mércores o prazo para presentar candidaturas ao reitorado da USC

A universidade modifica o calendario e abre unha longa carreira cara ao Reitorado, cun proceso que podería incluír segunda volta e estenderse até marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela sinalou que o prazo de presentación de candidaturas para as eleccións a reitor, así como para representantes no Claustro Universitario, as Xuntas de Centro e os Consellos de Departamento, ampliouse desde este mércores ata o 5 de decembro.

Deste xeito, a proclamación provisional farase pública o 11 de decembro e os recursos que se consideren oportunos poderán presentarse ante a Comisión Electoral Central (CEC) entre o 12 e o 16 de decembro. Finalmente, a proclamación definitiva de candidaturas terá lugar o 19 de decembro. E será en 2026, entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro, cando se leve a cabo a campaña electoral, destinándose a xornada do día 11 de febreiro para a reflexión.

Doutra banda, a USC indicou que as eleccións terán lugar o 12 de febreiro de 2026 e o 13 dese mesmo mes producirase a proclamación provisional de candidatos electos, mentres que os recursos ante a CEC contra a proclamación provisional de candidaturas electas estenderase do 18 a 24 de febreiro.

Por último, subliñou que a proclamación definitiva será o 26 de febreiro. Con todo, nas eleccións a reitor, no caso de ser precisa unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, producíndose as votacións o 11 de marzo. O día 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional e os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo, mentres que a proclamación definitiva será o 23 de marzo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...