InicioDEPORTESO Monbus Obradoiro abre as inscricións do XII Campus Nadal Obradoiro El...

O Monbus Obradoiro abre as inscricións do XII Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025 en Santiago

A actividade celebrarase os días 26, 27, 29 e 30 de decembro en varios pavillóns composteláns e vai dirixida a nenos e nenas nados entre 2008 e 2019

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro anunciou a apertura das inscricións para a XII edición do ‘Campus Nadal Obradoiro El Corte Inglés 2025’, unha proposta deportiva pensada para nenos e nenas que queiran practicar baloncesto durante as vacacións de Nadal. A iniciativa desenvolverase en Santiago de Compostela e combinará formación técnica con actividades lúdicas nun contexto de convivencia e participación.

Segundo explicou Camilo Riveiro, director de Canteira do club, o campus incluirá diferentes alicientes para a rapazada, entre eles “sorpresas, como visitas de xogadores do primeiro equipo”, co obxectivo de que os participantes poidan aprender de preto e vivir “un ambiente navideño e deportivo”.

As xornadas do campus terán lugar os días 26, 27, 29 e 30 de decembro, en distintos pavillóns de Santiago de Compostela. A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre 2008 e 2019 e contará cun horario de mañá e tarde: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00, coa posibilidade de optar por servizo de comida entre 13:30 e 16:00, organizado pola propia entidade.

Durante os catro días, os asistentes traballarán contidos orientados ao desenvolvemento técnico individual, a coordinación e o xogo en equipo, ademais de participar en xogos, concursos e actividades especiais ligadas ao Nadal. A programación está deseñada para alternar aprendizaxe deportiva con dinámicas de lecer.

O Obradoiro tamén informou de que as persoas inscritas poderán asistir como convidadas a partidos de Primeira FEB do equipo no Multiusos Fontes do Sar. As datas previstas son o 16/12/25 ás 20:00 contra o Caja Rural CB Zamora, e o 31/01/26 ás 18:30 fronte ao Alimerka Oviedo Baloncesto. Segundo o comunicado, os familiares ou acompañantes poderán acceder a descontos especiais para esas entradas.

Na presentación, Fuencisla Cid, directora de Comunicación de El Corte Inglés en Santiago, subliñou que “cada ano, o campus incorpora máis talento feminino e chega nun momento especial, en Nadal, para que os nenos poidan gozar destas vacacións de maneira única. Buscamos transmitir paixón polo deporte e ofrecer un espazo onde poidan desenvolver habilidades sociais e deportivas”.

Pola súa banda, Héctor Galán, director xeral do Obradoiro CAB, apuntou que “agradece a colaboración de El Corte Inglés durante estes 12 anos consecutivos para intentar conciliar vida, deporte, entretemento e formación. É unha actividade moi gratificante e estamos convencidos de que será un campus con gran afluencia e éxito, onde os nenos desfrutarán ao máximo”.

O xogador Leo Westerman tamén valorou a proposta, asegurando que “Santiago é unha cidade de baloncesto. Este campus é incrible para os mozos, onde poden aprender, desfrutar e vivir un ambiente deportivo único. Sei o importante que é para os nenos e tamén para nós como xogadores e como pais”.

As inscricións estarán abertas ata o 10 de decembro ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles. As persoas interesadas deben seguir as indicacións do tríptico informativo facilitado pola organización ou contactar co equipo do campus a través do correo campus@obradoirocab.com ou no teléfono 690 61 88 72.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A USC suma un novo título galego co triunfo de Diego Cacheiro en xadrez rápido

A USC incorporou un novo resultado destacado ao seu ámbito deportivo coa vitoria de...

O Compos golea ao Vilalbés e avanza á final galega polo ascenso

A SD Compostela conseguiu o pase á seguinte eliminatoria do play off de ascenso...

‘A II Marcha Eurovelo 2026’ volverá percorrer Santiago e reivindicar a bicicleta como deporte e mobilidade sustentable

A II Marcha Eurovelo 2026 celebrarase o vindeiro 28 de xuño cun novo percorrido...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here