InicioSANTIAGOO galego incrementa a súa presenza nas aulas da USC e acada...

O galego incrementa a súa presenza nas aulas da USC e acada o mellor dato histórico

O último informe de Normalización Lingüística sitúa o galego no 29,2% das horas docentes, cun crecemento sostido nos dous últimos cursos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) consolidou este curso un avance significativo no uso do galego na docencia, segundo o Informe sobre o Uso do Galego elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística. O documento recolle que a porcentaxe de clases impartidas nesta lingua alcanza xa o 29,2%, a cifra máis alta de toda a serie histórica e que rompe coa etapa de estancamento dos anos anteriores.

O incremento prodúcese de maneira continuada nos dous últimos cursos e supón, segundo os datos manexados pola USC, máis de 20.000 horas adicionais de docencia en galego, un 19% máis que no período académico precedente. A universidade apunta a varias causas que poderían explicar esta evolución, entre elas o novo sistema de incentivos docentes, polo que o profesorado a tempo completo e o persoal substituto recibe un recoñecemento de 0,2 horas lectivas equivalentes (HDE) por cada hora impartida en galego. A medida entrou en vigor este mesmo curso.

A distribución por campus mostra diferenzas relevantes. No de Lugo, o galego é habitual en 39,3% das horas lectivas, mentres que no de Santiago a presenza sitúase no 27,4%, aínda que tamén en crecemento. Desde a USC subliñan que estes datos permiten que case o 40% do alumnado curse estudos en centros onde o galego é xa a lingua maioritaria da docencia.

As áreas de coñecemento tamén presentan comportamentos desiguais. O informe destaca o peso do galego en titulacións das Ciencias Sociais e Xurídicas, especialmente en Pedagoxía (96%), Educación Social (93%) e Xornalismo (85%). Pola contra, as ensinanzas vinculadas ás Ciencias da Saúde continúan cunha presenza moi reducida: Medicina (3%), Odontoloxía (6%) e Enfermaría en Santiago (13%) sitúanse nos niveis máis baixos de uso.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...