InicioECONOMÍAParque comarcal da Pulleira: Aprobada a contratación da redacción do proxecto para...

Parque comarcal da Pulleira: Aprobada a contratación da redacción do proxecto para os 3.000 metros cadrados de novas instalacións de bombeiros

Míriam Louzao anunciou a aprobación do expediente para contratar a redacción do proxecto de execución para as novas instalacións do parque de bombeiros da Pulleira.

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, anunciou a aprobación do expediente para contratar a redacción do proxecto de execución das novas instalacións do Parque de Bombeiros da Pulleira. O orzamento base para a redacción do proxecto é de 202.585,97 euros, cun prazo de presentación de tres meses.

Louzao explicou que o parque terá unha superficie útil de máis de 3.000 metros cadrados nunha parcela de 20.000 metros cadrados, estimándose o orzamento de execución nuns 3,5 millóns de euros.

O novo parque está concibido para albergar o servizo comarcal de bombeiros, para o cal se están negociando os acordos coa Dirección Xeral de Emerxencias e o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña. A portavoz engadiu que o Consorcio xa enviou a semana pasada o resultado da súa revisión do texto do convenio.

O proxecto contemplará zonas de administración, aloxamento e aparcadoiro de vehículos de emerxencia, ademais da urbanización mínima da parcela e a conexión a servizos desde a rúa Cruceiro da Coruña.

REDE DE SANEAMENTO

Entre outros asuntos, Míriam Louzao tamén comunicou a aprobación da licitación das obras de ampliación da rede de saneamento no sector leste do lugar de Formarís (A Enfesta). O presuposto base para esta actuación, incluída no Plan Provincial de Cooperación, é de 263.039,50 euros.

Esta obra permitirá dar servizo ás vivendas da Sionlla de Abaixo e Formarís, conectándoas á rede existente na Sionlla de Arriba. O proxecto implica a implantación de 840 metros de tubaxes e a construción dunha estación de bombeo para o ámbito norte, na Sionlla de Abaixo.

 

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...