InicioSOCIEDADEPosicións enfrontadas en Medicina (USC) sobre a descentralización do grao, que se...

Posicións enfrontadas en Medicina (USC) sobre a descentralización do grao, que se debaterá este luns

Hai algúns catedráticos e alumnos que xa amosaron o seu rexeitamento á iniciativa

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC) reúnese este luns e, entre os temas a abordar, estará o acordo, xa ratificado por Docencia Clínica e a UDC, entre outros, de descentralización do grao. Farao entre voces enfrontadas; algúns catedráticos e alumnos que xa amosaron o seu rexeitamento á iniciativa. Aínda que a institución non se situará oficialmente ata que se celebre a xunta, algúns catedráticos opóñense ao acordo e así o exporán este luns na reunión.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recoñecía este venres que é “comprensible” que algunhas persoas alberguen “inquietudes ou medos” ante o cambio, pero animou a velo con “perspectiva global, e non local”. “Entendo que haxa xente que non estea conforme ou estea desgustada co procedemento de descentralización. É perfectamente comprensible. Pero máis que desde a perspectiva local, hai que pensar máis en global. E cremos que é boa para Galicia”, afirmou, destacando que se ofrece así a “mellor formación posible” aos alumnos.

Con todo, parte do alumnado amosou tamén a súa desconformidade coa descentralización. Nun documento, o alumnado de Medicina da USC rexeita “frontalmente” un acordo para o que, critican, non se tivo en conta nin ao profesorado nin aos estudantes. Consideran que o acordo está “desenfocado” e lamentan que non concrete puntos que ven “básicos” como son a avaliación, a distribución dos alumnos ou o manexo das materias pendentes, entre outros.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...