InicioSOCIEDADEAdxudicada a reforma que eliminará as filtracións no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Adxudicada a reforma que eliminará as filtracións no Hospital Psiquiátrico de Conxo

A obra garante a impermeabilidade das últimas plantas do edificio principal de rehabilitación psiquiátrica.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) adxudicou por 138.000 euros a obra de renovación das cubertas do Hospital Psiquiátrico de Conxo. A actuación céntrase nas áreas de rehabilitación psiquiátrica do centro.

O proxecto ten como obxectivo principal garantir a impermeabilidade das estancias e solucionar os problemas de filtracións detectados nas últimas plantas do edificio principal. Para iso, substituiranse as tres cubertas actuais, de cerámica ou tella curva sobre fibrocemento, por un novo material cerámico.

A Xunta de Galicia informou que a empresa Sergonsa Servizos, S.L. será a encargada de executar os traballos. O prazo previsto para a finalización desta mellora estrutural é de tan só seis semanas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...