InicioPOLÍTICAA alcaldesa acusa ao PP de "mentir descaradamente" polo conflito dos bombeiros:...

A alcaldesa acusa ao PP de “mentir descaradamente” polo conflito dos bombeiros: “A palabras necias, oídos xordos e nós a traballar”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defende que o goberno local está "a traballar" para resolver as demandas de bombeiros e policías e critica a Borja Verea por "fomentar bulos"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, criticou ao Partido Popular, “con Borja Verea á cabeza”, por “mentir de maneira descarada” con respecto ao conflito dos bombeiros. “A palabras necias, oídos xordos e nós a traballar que é o que temos que facer”, subliñou. Na pasada xornada do domingo, Verea solicitaba a dimisión da mandataria local tras o incendio nunha vivenda do barrio de Pontepedriña. Posteriormente ao Consello da Xunta do luns, o presidente autonómico, Alfonso Rueda, foi cuestionado polos medios sobre se cría que Sanmartín debía dimitir, e a súa resposta foi que “o que ten que facer” é arranxalo “canto antes”.

Neste contexto, consultada polos medios de comunicación sobre se estaba máis na liña de Rueda que de Borja Verea, a alcaldesa reiterou que “están nunha liña de traballar para ver cal é un camiño para solucionar esas demandas de bombeiros e policías”. A continuación, Goretti Sanmartín resaltou que o PP, con “Borja á cabeza, mente de maneira descarada, tenta fomentar o uso de bulos, e desacreditar por desacreditar”. “Creo que ás veces, cando escoitas determinadas cousas, dánche ganas de pensar que a palabras necias oídos xordos, e nós a traballar que é o que temos que facer”, concluíu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...