InicioCULTURAO VIII Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’ reúne esta fin de semana...

O VIII Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’ reúne esta fin de semana trinta voces internacionais no Auditorio de Galicia

O VIII Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’ reúne esta fin de semana trinta voces internacionais no Auditorio de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago acolleu este luns a presentación da final do VIII Concurso de Canto ‘Compostela Lírica’, unha edición que volverá situar a cidade no mapa internacional da música lírica. No acto participaron a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e o presidente da Asociación Amigos da Ópera, Jesús Couceiro.

Louzao salientou a consolidación do certame na cidade e o impulso que supón para novas xeracións de intérpretes, sinalando que é un espazo no que “o talento galego ten a oportunidade de brilar”. A concelleira lembrou o paso pola competición de voces como Lucía Iglesias, Irene Zas, Lucas López ou Gabriel Alonso Díaz, e enmarcou o apoio municipal nunha “aposta firme pola música, a mocidade e a proxección internacional” que reforza a colaboración institucional e a oferta cultural compostelá.

Pola súa banda, Anxo Lorenzo puxo en valor o traballo realizado ao longo das oito edicións, definindo o concurso como un “altofalante para darlle voz e posibilidade de ir cumprindo fitos ás voces galegas”, ademais dun espazo de intercambio cultural grazas á participación de cantantes chegados de múltiples países.

Este ano serán trinta solistas procedentes de 15 países quen concursarán en Santiago, seleccionados entre 80 inscricións de 22 nacionalidades. Todos eles actuarán este sábado a partir das 17:00 no Auditorio de Galicia, onde o xurado escollerá as dez voces que pasarán á final do domingo ás 19:00. Ambas as sesións serán abertas e de acceso libre, reforzando o carácter divulgativo dun evento organizado por Amigos da Ópera de Santiago, que mantén como obxectivo promover carreiras emerxentes de intérpretes menores de 35 anos.

O presidente da entidade, Jesús Couceiro, agradeceu o apoio institucional que fai posible o concurso e subliñou que, tras oito edicións, está “máis que consolidado no panorama lírico internacional”. Lembrou tamén a lista de gañadores anteriores, entre os que se atopan nomes como Milan Perišić, Paulina Bielarczyk, Carmen Buendía, Natalia Labourdette, Christian Gil-Borrelli, Olga Syniakova ou Alejandra Esteban.

O certame repartirá 7.000 euros en premios, ademais de recitais remunerados e oportunidades profesionais. O primeiro galardón inclúe 4.000 euros, unha actuación coa Real Filharmonía de Galicia, un recital no Festival Les Musicales du Luberon e un rol de tempada na Ópera de Oviedo. O segundo premio ascende a 2.000 euros e unha actuación en Santiago, mentres que o terceiro conta con 1.000 euros. As voces galegas optarán tamén ao Diploma ‘Andrés Gaos’, que ofrece outra actuación remunerada no marco do Consello da Cultura Galega.

O xurado estará presidido por Arturo Reverter e integrado por figuras recoñecidas do ámbito lírico europeo e iberoamericano, cun secretario sen voto, José María Miranda Boto, en representación de Amigos da Ópera.

A relación de participantes inclúe intérpretes de España, Galicia, China, Cuba, Arxentina, Venezuela, Portugal, Suíza, Corea do Sur, Eslovaquia, República Checa, Suecia, Australia, Perú, Francia e Ucraína. Entre eles figuran as galegas Susana García e Irene Zas, que competirán tanto polo palmarés xeral como pola distinción específica para voces do país.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Ateneo de Santiago proxecta ‘Arima’ cun coloquio coa actriz Melania Cruz

O Ateneo de Santiago acolle este martes, 20, ás 19:00, a proxección da película...

A Asociación Área Empresarial do Tambre inaugura a exposición ‘Fortes Sentires’ de María Fortes Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará este luns, 19 de xaneiro, a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here